Home » Trafico » Recent Articles:

Un vehículo equipado con cámaras asegurará o aparcamento en zona verde para a veciñanza con tarxeta de residente

febrero 25, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible vén de anunciar que comezará a circular, nun período de proba, un novo vehículo que se dedicará, en exclusiva, a vixiar o aparcamento da zona verde da Coruña. Este vehículo, que estará equipado con cámaras especiais, terá a función de ler as matrículas dos coches estacionados na zona para as persoas conductoras posuidoras da tarxeta de residente e comprobar que dispoñen de autorización para situarse nela. A medida, que está incluída no apartado de melloras do contrato da empresa concesionaria da ORA, Setex­Aparki SA, aprobado pola anterior corporaación municipal, non sustituirá á figura do controlador, que continuará realizando as súas funcións na zona azul.

O responsable de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz, afirmou esta tarde que esta iniciativa “suporá unha mellora para á veciñanza” que dispoña da tarxeta de residente, xa que o vehículo “velará polo correcto cumprimento da ordenanza municipal grazas á revisión exhaustiva dos aparcadoiros”.

A reparación da obra de pavimentación executada por Autoridade Portuaria provocará o peche dun carril de circulación na Mariña

enero 12, 2016 Trafico No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible informa que, desde hoxe e até o día 29 de xaneiro, quedará pechado un dos carrís de circulación da Avenida da Mariña. O corte prodúcese pola reparación, por parte de Autoridade Portuaria, do pavimento en mal estado na zona, “producido por unha execución e deseño deficiente das obras de pavimentación”, explicou o edil Daniel Díaz Grandío, quen destacou “o erro de cálculo” por parte da entidade “ao non ter previsto” o paso das liñas de autobús na superficie, “e que provoca danos no pavimento ao non estar preparada” para soportar o seu peso.

Este corte na rede viaria para que Autoridade Portuaria efectúe a reparación afectará ao tráfico que circula polo centro da cidade. Segundo Grandío, as obras “xerarán molestias” ás usuarias e usuarios “por non executar correctamente unha obra pensando na cidadanía”. Desde a Concellería indícase que se procederá a dar paso alternativo regulado por semáforos fronte ao Teatro Rosalía Castro, e recomenda á veciñanza o uso de rutas alternativas nos seus desprazamentos.

A VI Carreira de San Silvestre obrigará a cortar mañá á tarde un carril do Paseo Marítimo

diciembre 30, 2015 Trafico No Comments

A tradicional Carreira de San Silvestre celebrará mañá a súa sexta edición nas rúas da Coruña. A proba, de carácter festivo, pechará o ano deportivo da cidade cun trazado que percorrerá o litoral coruñés e os barrios de Peixería e Cidade Vella. Máis de 3.000 deportistas populares sairán ás 17.00 horas do Obelisco co obxectivo de chegar á meta que estará situada na Praza de María Pita. Como vén sendo habitual, a Carreira de San Silvestre, organizada polo Concello da Coruña e o Club Rialto, premiará os mellores disfraces individuais e colectivos das e dos corredores, ademais das primeiras persoas clasificadas das distintas categorías.

O trazado, dunha soa volta de 7,6 kilómetros, terá a saída no Obelisco. Unha vez tomen a saída ás 17.00 horas, as e os deportistas dirixiranse cara o Paseo Marítimo (pasando polo Cantón Pequeno, Juana de Vega e Praza de Pontevedra) onde, a través do carril máis próximo á praia, chegarán até a Torre de Hércules. Alí continuarán pola Glorieta de Gerión, Paseo dos Menhires, Adormideras, avenida Regata Cutty Sark e glorieta da residencia de maiores Torrente Ballester, para despois incorporarse, novamente, ao Paseo Marítimo e subir cara á Hípica e Maestranza polo lado do cemiterio. Neste último tramo da San Silvestre, as e os atletas populares percorrerán a Cidade Vella a través de Herrerías, Puerta de Aires, Damas, Praza de Azcárraga e Plazuela de los Ángeles até chegar á meta, ubicada na Praza de María Pita. … Leer más

O alcalde anuncia que o Concello reordenará en 2016 o mapa de liñas e o sistema de tarifas do bus urbano “para acomodalos á realidade actual da cidade”

diciembre 23, 2015 Trafico No Comments

O Concello acometerá o ano que vén un “plan ambicioso de reordenación de tarifas e liñas do bus urbano”, tal e como o anunciou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, na mañá deste martes durante a presentación dos novos oito vehículos Mercedes­Benz que se incorporan á flota de transporte público, un acto no que o rexedor estivo acompañado do concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, e no que tamén estiveron presentes o presidente da Compañía de Tranvías, José Prada, e o conselleiro delegado de EvoBus Ibérica (empresa encargada da fabricación edistribución os autobuses de Mercedes­Benz a nivel estatal), Juan Antonio Maldonado. “A nosa intención é que no 2016 teñamos un novo mapa de liñas que se acomode máis á realidade actual da cidade e que optimice os recursos que ten a Compañía de Tranvías nestes momentos”, expuxo o alcalde, quen incidiu en que a Concellería de Mobilidade Sostible traballará durante todo o ano con Tranvías para reordenar tamén “as tarifas, o sistema de bonos, o de bonobuses e as exencións”, ademais do mapa de liñas. Neste sentido, o primeiro edil lembrou ademais o acordo alcanzado polo Goberno local e a Compañía de Tranvías para manter durante o ano que vén as mesmas tarifas que no 2015.

unnamed

Ferreiro confirmou tamén a intención do Goberno local de implantar o carril prioritario, do que sinalou que se está a estudar a súa modalidade e percorridos. “Se queremos apostar polo transporte público, non só temos que falar de frecuencias, temos que falar de tempos para chegar dun sitio a outro. E se priorizamos o bus e un chega máis rapido en bus que no automóbil, acabará usando o bus”, apostou. … Leer más

A circulación da zona superior da Mariña quedará acotada “a residentes, buses, taxis, vehículos de emerxencia e de carga e descarga”, tras a posta en servizo do túnel

diciembre 3, 2015 Trafico No Comments

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, aclarou este xoves que, unha vez se abra ao público o ramal subterráneo da Maríña­Parrote ­­o que se levará a cabo sempre e cando o Concello acredite o correcto estado da infraestrutura, e esta conte con todos os permisos necesarios­­ a circulación superior da zona quedará “exclusivamente restrinxida a autobuses, taxis, residentes e vehículos de carga e descarga nos horarios habilitados para tales usos”, ademais, por suposto, “dos vehículos de emerxencias”. A zona superior acotada discorre “dende o edificio de Correos ata os Xardíns de San Carlos”, informou o responsable municipal.

O titular de Mobilidade Sostible explicou que “deste xeito aproveitarase a apertura á veciñanza do túnel para racionalizar o uso da superficie da Mariña, e que a mobilidade estea centrada na figura do peón”. A circulación dos autobuses se permitirá en ambas direccións, así como o uso por parte de residentes acreditados de motocicletas, e de bicicletas pola banda dos peóns. Díaz indicou, ademais, que o Concello adaptará e porá a punto a zona das Ánimas (onda está unha das bocas do subterráneo) “a esta nova situación de mobilidade”.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...