Home » Trafico » Recent Articles:

A circulación da zona superior da Mariña quedará acotada “a residentes, buses, taxis, vehículos de emerxencia e de carga e descarga”, tras a posta en servizo do túnel

diciembre 3, 2015 Trafico No Comments

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, aclarou este xoves que, unha vez se abra ao público o ramal subterráneo da Maríña­Parrote ­­o que se levará a cabo sempre e cando o Concello acredite o correcto estado da infraestrutura, e esta conte con todos os permisos necesarios­­ a circulación superior da zona quedará “exclusivamente restrinxida a autobuses, taxis, residentes e vehículos de carga e descarga nos horarios habilitados para tales usos”, ademais, por suposto, “dos vehículos de emerxencias”. A zona superior acotada discorre “dende o edificio de Correos ata os Xardíns de San Carlos”, informou o responsable municipal.

O titular de Mobilidade Sostible explicou que “deste xeito aproveitarase a apertura á veciñanza do túnel para racionalizar o uso da superficie da Mariña, e que a mobilidade estea centrada na figura do peón”. A circulación dos autobuses se permitirá en ambas direccións, así como o uso por parte de residentes acreditados de motocicletas, e de bicicletas pola banda dos peóns. Díaz indicou, ademais, que o Concello adaptará e porá a punto a zona das Ánimas (onda está unha das bocas do subterráneo) “a esta nova situación de mobilidade”.

O Concello reforzará os servizos de transporte urbano na contorna dos cemiterios durante esta fin de semana

octubre 29, 2015 Trafico No Comments

O Concello da Coruña solicitou á Compañía de Tranvías o reforzo dos servizos do autobús urbano na contorna dos cemiterios municipais de cara a esta fin de semana, ao coincidir coa festividade de Todos os Santos e de Defuntos.

En concreto, durante os días 31 de outubro e o 1 e 2 de novembro, reforzaranse as liñas 23 e 23A con dous autobuses. Desta forma, a frecuencia combinada de ambas as liñas será de 15 minutos.

Durante o 1 de novembro reforzaranse tamén as liñas 3 e 3A, dando servizo ao cemiterio de San Pedro de Visma e ao de Santo Amaro, cunha frecuencia combinada de 15 minutos. O espazo de San Pedro tamén contará co servizo das liñas 12 e 14. Así mesmo, a liña 11 cun percorrido transversal da cidade e con transbordo a todas e cada unha das demais liñas, reforzarase con dous autobuses adicionais ao longo de toda a xornada, dando servicio a Santo Amaro cada 17 minutos.

As restantes zonas da cidade quedarán comunicadas co cemiterio de Santo Amaro a través das liñas 4,5,6, 6A, 7 e 17.

O cemiterio de Oza (no Castrillón) tamén quedará comunicado pola liñas 1, 12A E 14. Aproveitando o novo viario de acceso, o cemiterio de San Cristovo das Viñas recibirá o servizo das liñas 5, 12A e 22, desde as novas paradas situadas á altura do Aparcadoiro Disuasorio de Lonzas.

Ofrenda Floral

Por outro lado, está previsto que este domingo, 1 de novembro, o Goberno e a Corporación Municipal acudan ao cemiterio de San Amaro para realizar unha ofrenda floral na que se homenaxeará, entre outros, ao poeta Manuel Curros Enríquez e a Alfredo Suárez Ferrín, quen foi alcalde da cidade.

Daniel Díaz Grandío aposta por “favorecer a mobilidade peonil, a ciclista e o transporte público nunha cidade cunha enorme marxe para mellorar neste ámbito”

septiembre 18, 2015 Trafico No Comments

A Coruña acolle a Semana Europea da Mobilidade Sostible, un conxunto de actividades que teñen lugar todos os anos na terceira semana de setembro e que celebran unhas 2.000 cidades en toda a UE, 300 delas no Estado español. O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, declarou este xoves, na presentación dos actos que conforman este evento, que “a carga simbólica que conleva esta celebración non aporta un ápice de conformismo ao Goberno municipal coa situación do transporte público, así como coa mobilidade ciclista e a peonil na cidade. Temos unha enorme marxe de mellora nun entorno urbano denso e altamente favorable á implantación de medidas de reordenación das prioridades cos diferentes tipos de transporte”.

unnamed

Este ano, a Semana Europea da Mobilidade xira en torno á “intermodalidade, e os diferentes métodos que ten a cidadanía para afrontar os desprazamentos na súa vida diaria”. Díaz Grandío explicou que, nesta edición, a situación climatolóxica obrigou a cancelar as actividades do día de onte, “aínda que até que finalice a semana restan moitas máis, todas vencelladas coa mobilidade sostible”. O Concello conta para esta Semana da Mobilidade coa colaboración de diversas asociacións e colectivos, como é o caso de Stop Accidentes ou Mobi Liza. … Leer más

O Concello establecerá o venres un dispositivo especial de tráfico no Paseo Marítimo pola Batalla Naval

agosto 12, 2015 Trafico No Comments

O Concello da Coruña porá en marcha o vindeiro venres, 14 de agosto, un dispositivo especial de tráfico con motivo da celebración da Batalla Naval, a tradicional homenaxe pirotécnica que conmemora a vitoria da cidadanía liderada por María Pita sobre o escuadrón do pirata inglés Francis Drake. Neste operativo participarán efectivos da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e dos servizos sanitarios. O inicio da celebración virá da man da Banda Municipal de Música, que ofrecerá un concerto ás 21.30 horas na Coraza. Ás 23.00 horas comezará a sesión especial de fogos artificiais, que contará con dous puntos de lanzamento situados nas Esclavas e na Finca dos Mariño. Unha vez finalice o espectáculo pirotécnico sobre a Enseada do Orzán, ás 23.30 horas, terá lugar unha verbena cun palco situado á altura do Hotel Riazor.

O tráfico no Paseo Marítimo no tramo comprendido entre Rotonda das Catalinas (Rubine) e Modesta Goicouría cortarase a partir das 16.30 horas pola instalación do palco de música. A partir das 22.00, os cortes tamén afectarán ao tráfico desde a rúa Hospital até Modesta Goicouría e da avenida Calvo Sotelo até as Catalinas. Desde as 22.30 horas, estará pechado o tráfico desde Manuel Murguía cara á avenida de Buenos Aires e Rubine e o tramo comprendido entre a avenida de Hércules ata a rúa Cantábrico. A apertura destes tramos virá ao finalizar o espectáculo e levarase a cabo en función das circunstancias de presenza de público e demais que poidan afectar ao tráfico.

Alternativas para chegar a Pescadería, Monte Alto e Cidade Vella

O tráfico que chegue pola Terceira Ronda (AV­14) desviarase por Paseo de Ronda, avenida da Habana e continuará por Alfredo Vicenti para chegar á praza de Pontevedra, San Andrés e Panaderas. Os turismos que veñan por Alfonso Molina (AC­11) e Avenida da Pasaxe (AC­12), continuarán por Cantóns ­ Mariña ou Avenida Alférez Provisional para tomar o túnel de María Pita e a rúa Orillamar debido ao corte de Baltasar Pardal Vidal.

Para a saída cómpre ter en conta que a rúa Baltasar Pardal Vidal e Orzán con Sol están cortadas, polo que poderán tomar o Paseo Marítimo desde a glorieta da Torre de Hércules ata a rúa Veramar e aí elixir se continuar polo Paseo Marítimo ou tomar o Túnel de María Pita.

Dispositivo especial de tráfico pola celebración da carreira “Hércules XTRM”

julio 24, 2015 Trafico No Comments

O Concello da Coruña informa do dispositivo especial de tráfico que terá lugar co gallo da celebración, esta fin de semana, da segunda edición do tríatlon de media d i s t a n c i a H​ é r c u l e s X T R M .

A proba, que estivo “técnicamente” anulada tras ser avaliado o percorrido inicial polas áreas de seguridade e mobilidade municipais, dispón dun novo recorrido para evitar colapsos no centro da cidade. A nova localización, na contorna de San Amaro, permitirá o desenvolvemento desta singular carreira na que 500 deportistas nadarán 1900 metros, pedalearán 90 quilómetros polo Paseo Marítimo e, no último tramo, correrán 21 quilómetros na contorna da Torre de Hércules.

Para o desenvolvemento do tríatlon de media distancia, será precisa a realización de distintos cortes de tráfico na cidade o domingo día 26. A rúa Regata Cutty Sark, desde o cruce do Club del Mar até a intersección do hotel Ciudad de A Coruña, estará cortada totalmente desde as 08.00 horas até a finalización da proba, ás 16.30 horas. Manterase o acceso aos garaxes afectados. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...