Home » Uncategorised » Recent Articles:

O proxecto de recuperación ambiental abordado polo Concello no estanque de Eirís favorece o anidamento de aves acuáticas e o contacto coa natureza

septiembre 17, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por María García, está a piques de completar a última fase de actuacións no entorno do estanque de Eirís, que consiste na colocación dun valado de madeira que unifique o espazo natural. Desta forma, complétase o proxecto abordado nesta zona, que pretendía levar a cabo unha restauración ambiental integral do enclave, de cara a convertelo nun pequeno humidal urbano, conformando, a súa vez, unha zona de contacto coa natureza, dentro do termo municipal. Segundo destacou a edil, as actuacións postas en marcha neste espazo dende o ano pasado “están xa a dar os seus froitos”, como se pode observar na proliferación de aves acuáticas. De feito, constatouse a reprodución en liberdade da galiñola (gallinula chlorupus), especie que non o fai na cidade dende os anos 90. “A considerable melloría que experimentou a lagoa derivou na reprodución de especies, non só a galiñola, o que é toda unha novidade, senón tamén parrulos salvaxes”, salientou García, que fixo fincapé en que as aves detectadas na lagoa e a súa contorna inmediata superan as 50 especies. A concellería tamén está a elaborar un inventario botánico da zona, no quexaserexistranmáisde30especies.

Para a titular de Medio Ambiente “este feito é fundamental, xa que abordamos este proceso de mellora co obxectivo de crear espazos na cidade que se convertesen en puntos de encontro entre

1

NotadePrensa natureza e cidadanía”. “A nosa intención é levar a máis lugares da cidade estas zonas de encontro

natural, tendo a auga un especial protagonismo”, comentou García.

A responsable municipal recordou que as actuacións que se levaron a cabo estaban enfocadas á recuperación deste espazo, así como a correcta naturalización do estanque. “Fomos capaces de transformalo nun verdadeiro humidal urbano a través da colocación de tres dispositivos de bombeo submerxidos que facilitan a circulación da auga, permitindo que o espazo poida ser naturalizado, cousa que ademais solucionou históricos problemas de sucidade nunha zona na que non se abordaban traballos dende o ano 2003”, dixo a concelleira, que tamén destacou os traballos de eliminación de especies invasoras e de plantación e recuperación de árbores autóctonas e especies vexetais acuáticas.

A fase que se está a acometer na actualidade comprende un novo valado de madeira que unifica o conxunto natural do estanque e que estará acompañado, ademais, da colocación de paneis informativos, nos que se dea conta da presenza de aves e outros animais que viven neste espazo. Esta última actuación no estanque ten un orzamento aproximado de 36.000 euros. “Agora mesmo, as obras están xa nunha fase moi avanzada, a metade da renovación do perímetro está practicamente completada, polo que esperamos que as actuacións rematen xa este outono”, comentou.

Por outro lado, a concelleira recordou que “existen distintos estudos a nivel internacional que inciden na relevancia que as políticas ambientais teñen nas contornas urbanas”. “Está demostrado que o contacto das persoas coa natureza causa beneficios tanto físicos como psíquicos para as persoas, especialmente os e as nenas”, dixo.

Xiao Varela ensina aos e ás cooperativistas o avance nas obras de urbanización que o Concello acomete no Ofimático

septiembre 16, 2017 Uncategorised No Comments

Este venres, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, ensinou de primeira man a representantes dos e das cooperativistas do parque Ofimático o avance das obras de urbanización que está a desenvolver a administración local no polígono, imprescindibles para poder outorgar as primeiras licenzas de ocupación. O edil salientou especialmente “o bo ritmo” das actuacións que se están a realizar na zona dos accesos desde Eirís, e que son fundamentais para a implantación das instalacións previas á pavimentación e á colocación de firmes neste ámbito. “Tal e como van as cousas, poderemos xa abordar, de xeito inminente, a pavimentación”, destacou o responsable municipal. “Isto será fundamental para reorganizar e regular o tráfico dentro deste ámbito”, engadiu.

O proxecto de urbanización da separata do proxecto modificado número 1 do sector 10 Parque Ofimático foi adxudicado o pasado mes de xuño á UTE Arias Infraestructuras-Comsa Instalaciones y Sistemas Industriales SLU, conta cun orzamento de 2,6 millóns de euros e ten un prazo de execución de seis meses. As actuacións en marcha están dirixidas a dotar o Ofimático tanto de acceso rodado como de todos os servizos imprescindibles, como son a pavimentación de accesos, dotación de iluminación, abastecemento, rede eléctrica, saneamento, e outras intervencións relativas á seguridade de bens e persoas, como a colocación de valados e proteccións en desniveis ou instalación de tapas, entre outras. A área municipal de Rexeneración … Leer más

Accede Papagaio acolle esta fin de semana as xornadas ‘CreActiva, arte e cultura como medio e opción de vida’, dirixidas a potenciar a economía creativa e a industria cultural local

septiembre 14, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Emprego e Economía Social, área que dirixie Alberto Lema, celebrará esta fin de semana, os días 15 e 16 de setembro, as xornadas gratuítas Creactiva, arte e cultura como medio e opción de vida, unha proposta enmarcada no programa Emprendemento Coruña, impulsado polo goberno local coa finalidade de englobar, baixo o mesmo paraugas, todas as iniciativas destinadas á promoción e o estímulo da actividade empresarial na cidade. As xornadas, que acollerá o viveiro de empresas Accede Papagaio, nacen co obxectivo de potenciar a economía creativa e da industria cultural a través da xeración de ideas, detección de necesidades e creación de sinerxías entre as e os axentes da Coruña que están a revolucionar o sector a nivel local desde diversas disciplinas, como as artes plásticas, cultura, industria creativa, marketing dixital, animación, videoxogos, publicidade ou novas tecnoloxíasaplicadasácreatividade.

Na primeira xornada, desde as 10.00 horas do venres 15, celebrarase a mesa redonda As experiencias que nos inspiran , unha proposta aberta á cidadanía na que participarán a cineasta Olga Osorio, o artista multidisciplinar Manel Cráneo e a deseñadora de moda Cecilia Portela. Xa pola tarde, contra ás 16.00 horas, terá lugar, dentro do programa, o encontro As redes que nos sosteñen , cuxa participación require inscrición previa a través do web municipal www.coruna.gal/emprego . Na mañá do sábado 16, as xornadas pecharanse coa proposta As conexións que nos impulsan , que se celebrará de 10.00 a 14.30 horas, e na que tamén é imprescindible formalizar a inscrición, que tamén se pode realizar na web municipal.

O Goberno local pon en marcha o ‘LAIC’, un laboratorio dedicado á innovación audiovisual e ás oportunidades creativas e profesionais dos novos medios

septiembre 14, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento porá en marcha este outono, dentro do programa Coruña Dixital, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación (LAIC) un encontro aberto coas comunidades creativas da cidade. O edil José Manuel Sande, nunha xuntanza aberta á cidadanía mantida esta tarde no vivero de empresas Accede Papagaio, resaltou os obxectivos deste laboratorio, formulado como un espazo de encontro, colaboración e aprendizaxe para persoas e colectivos interesados na cultura audiovisual contemporánea,osnovosmedioseatransformacióndixital.

O encontro desta tarde con creadores e persoas interesadas na cultura audiovisual na rede, no que tamén participaron Sergio Lago e María Yáñez, responsables de Coruña Dixital, supón o inicio dun programa que ten como eixo principal a innovación e a creatividade nos novos medios. Así, de cara aos próximos meses, sucederanse charlas e encontros, pero tamén obradoiros, impartidos por profesionais de referencia como o cineasta Miguel Ángel Rolland, o booktuber galego Sebas G. Mouret, a axencia de talento dixital 2btube, ou colectivos de creación dixital como Zemos98, Monkey Laboratory e Bermudas.land. … Leer más

O Concello promove a celebración dunhas xornadas nas que se abordarán os desafíos do turismo patrimonial desde a perspectiva da sustentabilidade

septiembre 14, 2017 Uncategorised No Comments

O Consorcio de Turismo impulsará este mes de setembro, entre os días 21 e 23, a celebración das xornadas Turismo e patrimonio. O desafío da sustentabilidade, unha proposta dirixida a debater sobre os límites do turismo patrimonial e cultural desde un punto de vista sostible e integrador. A iniciativa, na que tamén colabora a Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña e a Escola de Turismo, xa ten aberto o prazo de inscrición, que será gratuíta para estudantes da UDC, persoas desempregadasouxubiladas.

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, será o responsable da inauguración das xornadas que abordarán, no seu primeiro día, cuestións como o potencial do litoral galego ou do Camiño de Santiago como recurso turístico. A formación completarase cunha visita teatralizada polo patrimonio xacobeo da cidade, e o traslado das e dos asistentes ao albergue de peregrinos do Hospital de Bruma, punto neurálxico do Camiño Inglés e cruzamento dos dous ramais desde as cidades de orixe, A Coruña e Ferrol. Na segunda xornada estudaranse os casos de recursos patrimoniais como a Torre de Hércules, o Museo Picasso de Barcelona ou a Catedral de Santiago, e contraporase, nunha mesa redonda, o modelo turístico baseado na masificación fronte ao novo sistema baseado nunha visión máis sostible e integradora. Finalmente as xornadas porán sobre a mesa as consecuencias de conflitos bélicos sobre o patrimonio mundial así como a súa visibilidade.

O prazo de inscrición xa está aberto, e pode realizarse até o 19 de setembro na Facultade de Humanidades e Documentación, en Ferrol, ou na sede da Escola de Turismo na Coruña –Avenida da Habana, 6-7–. Para máis información pode visitarse a web h ttp://www.turismocoruna.com .

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...