Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Deputación da Coruña apoia as entidades de servizos sociais con máis dous millóns de euros

marzo 13, 2018 Uncategorised No Comments

Un total de 2.100.000 € é o orzamento das tres convocatorias que a área de Servizos Sociais vén de publicar con destino ás entidades que traballan no sector. Apoio ao mantemento, desenvolvemento de programas e actividades,e iinvestimentos son os obxectos das tres liñas de axuda en concorrencia competitiva.

A Deputación da Coruña vén de aprobar tres novas liñas de axuda coas que apoia as entidades sen fins de lucro, co obxecto contribuir o mantemento e desenvolvemento de actividades durante o ano 2018, así como para financiar a adquisición de equipamento por parte das asociacións. … Leer más

A Deputación forma ao seu funcionariado na nova Lei de Contratos do Sector Público

marzo 13, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña realizou un curso dirixido ao seu funcionariado sobre a Lei 09/2017 de Contratos do Sector Público, que vén de entrar en vigor o pasado 9 de marzo e introduce importantes novidades no procedemento de contratación das Administracións Públicas.

A xornada, que foi inaugurada polo presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o xefe do Servizo de Patrimonio e Contratación, Luis Jaime Rodríguez, serviu para explicar e resolver dudas acerca dalgúns dos detalles que incorpora a nova lexislación no seus 347 artigos, entre elas o reforzo dos principios de publicidade e transparencia na administración, a través de cuestións como a supresión do procedemento negociado sen publicidade, a redución dos límites para acudir ao contrato menor ou a introdución dun novo procedemento aberto simplificado.

González Formoso destacou a “trascendencia” da nova Lei “a nivel xurídico, pero tamén económico, pois a contratación pública representa o 18% do Produto Interior Bruto europeo” e instou aos responsables dos diferentes servizos provinciais a continuar traballando para “mellorar a axilidade dos procesos de contratación e para que esta Deputación siga sendo

A Deputación da Coruña recoñece o impulso ao galego por parte de entidades e persoas co Premio Rosalía de Castro

marzo 11, 2018 Uncategorised No Comments

Recoñecer o traballo de persoas e entidades que contribúen ao proceso de normalización lingüística do galego é o obxectivo do Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que chega xa a súa novena edición.

A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases da IX edición do Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua galega, unha convocatoria á que poderán concorrer, ata o vinderio 30 de xuño, aquelas persoas e entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico … Leer más

LAS FUNDACIONES INGADA Y MARÍA JOSÉ JOVE FORMAN A MÁS DE 180 PROFESORES DE TODA GALICIA EN EL TRATAMIENTO DEL ALUMNADO CON TDAH

marzo 10, 2018 Uncategorised No Comments

La Fundación María José Jove y el Instituto Galego del TDAH y Trastornos Asociados (INGADA) han hecho balance del IV Curso de Formación de Profesorado para el Tratamiento del Alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividad (TDAH) que han impartido en toda Galicia. Además, se ha dado a conocer a los ganadores y finalistas de la IV Beca Fundación María José Jove-Ingada.

La presentación estuvo presidida por el director xeral de Educación y Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, Manuel Corredoira, que acudió en representación del conselleiro de Educación; el presidente de la Fundación INGADA, el Dr. Ángel Carracedo; la presidenta de la Fundación María José Jove, Felipa Jove, y la directora de Ingada, Elvira Ferrer. En el acto intervino también Víctor Patiño Grela, docente del CIFP Paseo das Pontes y ganador de la beca el curso anterior por un proyecto para alumnado de FP de Hostelería con TDAH. Patiño, explicó acompañado de un alumno con TDAH, cómo ha sido la implantación del mismo. Y, al finalizar el acto, se sirvió un cocktail ideado por ambos. … Leer más

O programa municipal ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ incorpora á Fundación Banco Sabadell como nova entidade colaboradora

marzo 10, 2018 Uncategorised No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, en calidade de presidente do Padroado da Fundación Emalcsa, asinou esta semana un convenio co presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins, mediante o cal a entidade financeira incorpórase neste exercicio como colaboradora do programa Cultura Accesible e Inclusiva. O acto, que tivo lugar no Pazo de María Pita, tamén contou coa presencia da concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, así como do director xeral de Banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda, e do xerente da Fundación Emalcsa, Manuel Aguilar.

O programa Cultura Accesible e Inclu siva, posto en marcha a través da Fundación Emalcsa no ano 2016, ten como finalidade favorecer a igualdade de condicións e oportunidades no acceso á vida cultural así como no desenvolvemento da experiencia artística de toda a cidadanía, especialmente das persoas con diversidade funcional, para excluír así calquera barreira ou impedimento que dea lugar a súa discriminación. Ao longo deste ano, e no marco da segunda convocatoria, 13 entidades culturais da cidade, en colaboración con 21 asociacións do tecido social, desenvolverán actividades abertas á veciñanza que terán como finalidade a inclusión das diversidades. O convenio asinado coa Fundación Banco Sabadell permitirá articular a terceira convocatoria do programa, ademais da celebración da segunda edición do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festigual, entre outras iniciativas.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...