Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Concellería de Medio Ambiente conclúe a consulta previa á licitación da recollida de residuos, “un proceso pioneiro, que mellora a transparencia e a participación”, ao que contribuíron 27 entidades con 170 achegas

mayo 12, 2018 Uncategorised No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, mantivo unha reunión con representantes do comité de empresa de Ferrovial-Cespa, empresa que realiza a recollida de residuos, limpeza viaria e contenerización, unha xuntanza que serve para pechar a mesa paritaria de traballo creada entre ambas partes dentro do proceso de consulta pública do borrador do prego que rexerá o vindeiro contrato do servizo. Con ela culmínase, en palabras da responsable municipal, este trámite de consulta pública previa, “o primeiro que se realiza para un prego destas características, tanto en Galicia como a nivel estatal e unha práctica innovadora, que afonda na transparencia da contratación pública, especialmente naqueles contratos de maior envergadura e peso, como ocorre co de recollida de residuos, e favorece a participación”. Nel, a concellería recolleu un total de 170 achegas de 27 fontes, tanto a través da consulta formal, por escrito e dentro do prazo habilitado entre febreiro e marzo, a través do formulario na web de Medio Ambiente, como por canles informais, derivadas das 11 entrevistas mantidas con diversos axentes nas últimas semanas.

Nese sentido, García valora como “extraordinariamente produtivo” este procedemento, no que tomaron parte 27 entidades, entre empresas, asociacións de hostalería, comercio e veciñais, ademais das federacións veciñais e de comercio e asociacións ecoloxistas, e representantes dos traballadores, ademais de persoas a título particular. No que ten que ver coas empresas, a consulta foi, segundo aprecia a responsable municipal, “moi positiva, polas achegas sobre elementos técnicos e de innovación”, e polas precisións que, segundo subliña a edil, servirán para mellorar o control de calidade que presidirá o servizo. En canto ás achegas procedentes de entidades profesionais e sociais, García destaca que as incorporacións introducen “parámetros relevantes para o coidado do espazo público, como o que ten que ver co tamaño, tipoloxía e características dos contedores para adaptalos ás necesidades dos diferentes colectivos”, e tamén incide en cuestións como os horarios das rutas de recollida. Como salienta a concelleira, o traballo co cadro de persoal fíxose a través da mesa específica que finalizou, ao que se sumaron encontros cos sindicatos que así o solicitaron, “de cara a favorecer, a través das cláusulas do prego, o emprego de calidade para o cadro de persoal, garantindo as súas condicións laborais”.

… Leer más

A plataforma A Porta Aberta rexistra máis de 400 propostas cidadás para os Orzamentos Participativos, cuxa fase de achegas rematará o luns 14 de maio

mayo 11, 2018 Uncategorised No Comments

​A Concellería de Participación e Innovación Democrática informa que a plataforma dixital A Porta Aberta rexistrou, desde a posta en marcha da terceira edición dos Orzamentos Participativos, máis de 400 propostas de investimento para a cidade e os distritos.O portal ​http://aportaaberta.coruna.es é a ferramenta a través da cal calquera persoa empadroada na Coruña e con 16 anos cumpridos pode facer as súas propostas de investimento, que se poden dirixir a calquera ámbito sempre que cumpran cos requisitos básicos, como que sexan de competencia municipal, legais e viables tecnicamente. En total, o Concello destinará 3 millóns de euros para este programa, dos cales 2 millóns repartiranse equitativamente entre os dez distritos, e 1 para toda a cidade.

A área que dirixe Claudia Delso lembra que a plataforma estará aberta para recibir propostas veciñais até as 12 da noite do 14 de abril. Tamén ata este día estarán habilitados os puntos de axuda, información e apoio á participación dispostos polo Concello para facilitar a participación en todas as bibliotecas municipais, nos centros cívicos, Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e na sede da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana.

Co obxectivo de promover a participación cidadá no programa, o goberno local ampliou nesta edición o número de eventos e espazos informativos na rúa. O último celebrarase este sábado 12 na praza da Cubela, entre as 17.00 e as 21.00 horas, nun acto de apoio que o equipo técnico dos

… Leer más

O Concello convoca a primeira xuntanza do Consello Local de Inclusión Social, “un espazo de participación e escoita para traballar en rede coas entidades e recoller as súas experiencias”

mayo 11, 2018 Uncategorised No Comments

A Concellería de Xustiza Social e Coidados celebra o próximo 15 de maio o acto de constitución do Consello Local de Inclusión Social, un órgano de participación para as entidades do sector que terá carácter consultivo. “Trátase dun espazo de participación, de escoita e de traballo en rede que terá unha función de recollida das experiencias das entidades, que aportan o coñecemento dende a proximidade coa realidade social, e tamén de debate e estudo de iniciativas”, explica a edil responsable do departamento, Silvia Cameán. A constitución deste órgano é, sinala, “a culminación de moito tempo de diálogo coas entidades do sector, un proceso no que consideramos fundamental contar coas achegas de quen desenvolve o seu labor no obxectivo da inclusión social e para o que necesitabamos unha canle e un espazo de traballo”.

Este novo órgano de participación, cuxa creación está recollida na ordenanza reguladora da Renda Social Municipal, ten entre as súas capacidades “a de colaborar no deseño das políticas municipais de inclusión, propor iniciativas específicas e crear grupos de traballo sobre diferentes realidades que xeren conclusións que axuden na toma de decisión, así como a achega de propostas para o gasto orzamentario”. Así, a concelleira de Xustiza Social e Coidados indica que “as opinións e propostas do Consello remitiranse aos órganos de Goberno municipal co obxectivo de optimizar os recursos e os programas do Concello en materia social, que aínda que non serán estritamente vinculantes”.

Na primeira reunión do Consello Local de Inclusión Social, que se celebrará no Salón de Sesións do Pazo de María Pita, participarán un total de 25 entidades do sector, sindicatos e grupos con representación na Corporación que ratificaron a súa disposición a formar parte do Consello, un paso preciso tal e como se sinala no regulamento. Porén, a Concellería de Xustiza Social e Coidados dirixiu convites para a súa inclusión neste novo órgano a todas entidades cidadás relacionadas ca inclusión social que figuran inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións Coruñesas (REMAC), xa que nel pode participar calquera entidade deste ámbito, sempre que o solicite previamente e cumpran os requisitos establecidos nas bases do Consello. Na primeira reunión que se celebre tras o acto de constitución da próxima semana, o Consello Local de Inclusión Social elixirá os seus órganos de goberno: a vicepresidencia e a súa suplencia e a Comisión Permanente. Tamén se abordará a proposta de novas entidades que poidan formar parte do Consello. A presidencia recae sobre o alcalde, Xulio Ferreiro, que poderá delegar na concelleira de Xustiza Social e Coidados.

2.233 pemes, autónomos e emprendedores da provincia da Coruña optan ás axudas do Plan de Emprego da Deputación da Coruña

mayo 11, 2018 Uncategorised No Comments

Un total de 2.233 pemes, autonómos e emprendedores da provincia da Coruña optan ás liñas de axuda PEL-PEMES e PEL-EMPRENDE, incluídas no Plan de Emprego (PEL) da Deputación da Coruña.

En concreto, 655 empresas da provincia presentáronse á convocatoria do PEL-PEMES, que subvencionará o 75% dos custes salariais das novas contratacións en empresas ubicadas nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes, mentres que 1.578 iniciativas empresariais de recente creación dos 93 concellos coruñeses optan ás axudas do PEL-EMPRENDE para actividades e investimentos. … Leer más

O alcalde recorda “a contribución de Alberto Martí á memoria da Coruña e a súa xenerosidade para facer desta unha cidade mellor” na cerimonia do seu nomeamento, a título póstumo, como fillo adoptivo

mayo 10, 2018 Uncategorised No Comments

O alcalde, Xulio Ferreiro, presidiu no Pazo de María Pita a cerimonia de concesión do título de fillo adoptivo a Alberto Martí, unha distinción póstuma que lle foi outorgada por acordo unánime do Pleno da Coruña o pasado mes de xaneiro. No acto, que contou coa participación de membros da corporación municipal e autoridades, o rexedor sinalou que Martí “é parte imborrable da historia e da memoria da cidade”. “Alberto Martí foi home excepcional, cun talento artístico que só se viu superado pola súa xenerosidade e sentido da xustiza social”, salientou Ferreiro, quen lembrou o seu papel como fotoxornalista e o seu traballo como presidente da Cociña Económica.

“Todo en Martí é luminoso, incluso os seus negativos. Retratou a dureza dun pobo que tivo que marchar nun tempo no que non estaba permitido falar de marchas, durante uns anos nos que, a pesar de ser unha realidade, a emigración apenas tiña cabida nuns medios de comunicación controlados pola censura. Martí, memoria desta cidade e da súa xente, plasmou a realidade, pero tamén soubo afrontala. Por iso liderou durante máis dunha década unha entidade tan fundamental na Coruña como a Cociña Económica, dende a que contribuíu a facer desta unha cidade máis xusta e máis igualitaria: unha cidade mellor”, afirmou.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...