Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Deputación e a Universidade Menéndez Pelayo colaboran na programación de cursos para o 2018

abril 25, 2018 Uncategorised No Comments

A vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Emilio Lora-Tamayo, e o director da sede en Galicia da UIMP, Jaime Rodríguez-Arana, presentaron o programa de actividades formativas do curso 2018, que se desenvolverá durante os vindeiros meses nas localidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Ribeira e As Pontes.

Durante a súa intervención, Goretti Sanmartín, destacou o labor que desenvolve por todo o territorio a Universidade Menéndez Pelayo incidindo na “calidade, o rigor e a solidez científica” dos seus traballos. Así, subliñou “o carácter descentralizado” que terán os novos cursos da programados para o 2018, xa que, ademais de impartírense nas sedes que posúe a UIMP nas tres cidades da provincia, As pontes e Ribeira, tamén emprazarán algúns dos cursos desta universidade. … Leer más

A Deputación destina 1,7 millóns de euros ás asociacións agrarias, confrarías de pescadores e entidades de promoción económica da provincia

abril 24, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña publica hoxe no BOP  e na Base Nacional de Subvencións a convocatoria de varias liñas de subvencións, destinadas a apoiar ás asociacións agrarias e labregas e ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica.

O prazo para solicitar estas subvencións comeza mañá martes e remata o vindeiro 21 de maio ás 14.00 horas. As solicitudes realizaranse de forma telémática a través da plataforma Subtel.

As liñas abertas hoxe suman un orzamento de 1.250.000 euros, aos que hai que sumar outros 482.000 € que a Deputación destina en 2018 para apoiar ás confrarías de pescadores e cuxas bases veñen de ser publicadas a principios deste mes de abril. … Leer más

Trinta concellos soltarán libros en actos simultáneos no programa “Libros para semos libres” da Deputación da Coruña

abril 20, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña xunto cos trinta concellos seleccionados para participar na segunda edición do programa “Libros para sermos libres”, que promove desde a área de Cultura, xa teñen todo preparado para realizar unha solta de libros simultánea arredor do Día Internacional do Libro o vindeiro 23 de abril. Os libros agasallaranse en actos públicos dentro do programa do Día Internacional do Libro.

Os concellos de A Capela, A Laracha, Abegondo, As Pontes, Boimorto, Boiro, Brión, Cabana de Bergantiños, Carnota, Cee, Cerdido, Irixoa, Lousame, Miño, Moeche, Muxía, Narón, Neda, Oleiros, Oroso, Ortigueira, Rianxo, Rois, Teo, Toques, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño e Zas, distribuirán entre os días 21 e 26 de abril, 6000 libros entre as persoas que se acheguen aos emprazamentos definidos por cadanseu municipio.

Cunha cifra asignada de 200 exemplares por Concello, as prazas, os centros socioculturais, as casas da Cultura e as Bibliotecas Municipais converteranse en puntos de distribución de Cultura, desta volta de balde, co ánimo de festexar o Día Internacional do Libro. … Leer más

A Deputación promociona o turismo industrial da Coruña na Feira B-Industrial

abril 19, 2018 Uncategorised No Comments

Oficios como o de redeiras, olaría ou conserveiras, elaboración de produtos, rutas por pequenas e medianas empresas, arqueoloxía industrial… son algúns dos elementos que integran a oferta que a área de Turismo da Deputación da Coruña leva á Feira de Turismo B-Industrial que se desenvolve os días 20,21 e 22 en Barcelona.

Por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña promocionará os proxectos e produtos industriais que posúe a provincia na Feira de Turismo B-Industrial, que durante os días 20, 21 e 22 de abril se levará a cabo no Recinto Feiral de Barcelona.

O deputado de Turismo, Xosé Regueira, xunto con persoal técnico da área acude a esta cita, inserida dentro do Salón Internacional de Turismo B-Travel, co ánimo de presentar a súa nova proposta de Turismo Industrial, un proxecto en que os elementos do pasado e máis os do presente se mesturan para dar lugar a unha experiencia única. … Leer más

RAFAEL SILVA ASUME EL CARGO DE DIRECTOR TERRITORIAL DE HM HOSPITALES EN GALICIA

abril 19, 2018 Uncategorised No Comments

HM Hospitales ha designado a Rafael Silva Agregán como nuevo director territorial del Grupo en Galicia. Accede al cargo para consolidar la actividad de HM Hospitales en la comunidad, en la que es líder asistencial de la sanidad privada y en la que cuenta con una estructura compuesta por cinco hospitales, el Centro Integral Oncológico Clara Campal (HM CIOCC Galicia) y cinco policlínicos que trabajan en red.

Rafael Silva dispone de una dilatada trayectoria dentro del campo de la sanidad, tanto pública como privada. Ha desarrollado su actividad profesional en el Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela desde el año 2001. Desde finales de 2016, una vez que el centro fue adquirido por HM Hospitales, había desempeñado la labor de director de Relaciones Institucionales del Grupo en Galicia.

Rafael Silva releva en el cargo de director territorial a Ramón Cobián, que ahora se ha incorporado al Comité de Dirección de HM Hospitales. La labor de Ramón Cobián a lo largo de los últimos años ha contribuido a situar al Grupo al frente de la sanidad privada de Galicia.

Sobre el cargo que asume como director territorial, Rafael Silva indica que “es ilusionante poder formar parte del proyecto de HM Hospitales en Galicia. Contamos con una red integrada de centros en el eje atlántico y, además, disponemos del mejor equipo de profesionales sanitarios de la comunidad. Todo ello para ofrecer a los pacientes una atención personalizada y unos servicios asistenciales únicos por su calidad y compromiso”.  … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...