Home » Uncategorised » Recent Articles:

2.233 pemes, autónomos e emprendedores da provincia da Coruña optan ás axudas do Plan de Emprego da Deputación da Coruña

mayo 11, 2018 Uncategorised No Comments

Un total de 2.233 pemes, autonómos e emprendedores da provincia da Coruña optan ás liñas de axuda PEL-PEMES e PEL-EMPRENDE, incluídas no Plan de Emprego (PEL) da Deputación da Coruña.

En concreto, 655 empresas da provincia presentáronse á convocatoria do PEL-PEMES, que subvencionará o 75% dos custes salariais das novas contratacións en empresas ubicadas nos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes, mentres que 1.578 iniciativas empresariais de recente creación dos 93 concellos coruñeses optan ás axudas do PEL-EMPRENDE para actividades e investimentos. … Leer más

O alcalde recorda “a contribución de Alberto Martí á memoria da Coruña e a súa xenerosidade para facer desta unha cidade mellor” na cerimonia do seu nomeamento, a título póstumo, como fillo adoptivo

mayo 10, 2018 Uncategorised No Comments

O alcalde, Xulio Ferreiro, presidiu no Pazo de María Pita a cerimonia de concesión do título de fillo adoptivo a Alberto Martí, unha distinción póstuma que lle foi outorgada por acordo unánime do Pleno da Coruña o pasado mes de xaneiro. No acto, que contou coa participación de membros da corporación municipal e autoridades, o rexedor sinalou que Martí “é parte imborrable da historia e da memoria da cidade”. “Alberto Martí foi home excepcional, cun talento artístico que só se viu superado pola súa xenerosidade e sentido da xustiza social”, salientou Ferreiro, quen lembrou o seu papel como fotoxornalista e o seu traballo como presidente da Cociña Económica.

“Todo en Martí é luminoso, incluso os seus negativos. Retratou a dureza dun pobo que tivo que marchar nun tempo no que non estaba permitido falar de marchas, durante uns anos nos que, a pesar de ser unha realidade, a emigración apenas tiña cabida nuns medios de comunicación controlados pola censura. Martí, memoria desta cidade e da súa xente, plasmou a realidade, pero tamén soubo afrontala. Por iso liderou durante máis dunha década unha entidade tan fundamental na Coruña como a Cociña Económica, dende a que contribuíu a facer desta unha cidade máis xusta e máis igualitaria: unha cidade mellor”, afirmou.

A Rede Cultural da Deputación promove case dous mil espectáculos nos concellos da Coruña

mayo 9, 2018 Uncategorised No Comments

A vicepresidenta e reponsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, xunto coas alcaldesas, alcaldes e representantes locais da práctica totalidade dos concellos da provincia, asinaron este martes os convenios da Rede Cultural 2018. En total serán 1.797 actividades cun orzamento de case dous millóns de euros que garantirán “un programa estable e de calidade” en todo o territorio.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, destacou durante a súa intervención no acto que se desenvolveu na sede institucional que “a Rede Cultural representa na actualidade unha das ofertas culturais máis importantes da Galiza”, ao tempo que subliñou que este programa “ten un significativo impacto na contribución ao sostemento do talento e a calidade das nosas creadoras e artistas”. … Leer más

A Deputación da Coruña ilumínase de azul para conmemorar o Día de Europa

mayo 8, 2018 Uncategorised No Comments

A sede da Deputación da Coruña iluminarase na noite de hoxe e mañá de cor azul para conmemorar o Día de Europa. Ademais, durante estes días tamén penden da fachada do Teatro Colón dúas grandes bandeirolas coas doce estrelas da bandeira europea.

A Deputación súmase así, a través do seu centro Europe Direct, á iniciativa impulsada pola Comisión Europea para que edificios vinculados ás institucións europeas e monumentos emblemáticos das principais cidades da UE se vistan de azul o 9 de maio, aniversario da histórica “Declaración de Schuman” considerada a semente da Unión. … Leer más

Directores de colexios públicos da provincia da Coruña reúnense en Mariñan

mayo 4, 2018 Uncategorised No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu no Pazo de Mariñán, a inauguración do encontro anual de asociación de equipos directivos de centros públicos de educación infantil e primaria da provincia da Coruña. O acto contou tamén coa asistencia do presidente da asociación organizadora, Emilio Joaquín Veiga; a conselleira de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña, Silvia Cameán; a vicerreitora da Universidade da Coruña, Nancy Vázquez Veiga e o delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro.

En total, serán 70 docentes que forman parte dos equipos de dirección de escolas públicas de diferentes concellos da provincia os que participarán ata o vindeiro sábado, 6 de maio, na XXVII edición deste encontro, que se vén celebrando de forma ininterrompida desde 1991 no pazo bergondés. … Leer más