Home » Uncategorised » Recent Articles:

O Concello remitirá esta semana ao xulgado os acordos municipais para executar a sentenza que declarou ilegal un edificio en San Roque, “unha nova mostra das consecuencias das malas prácticas urbanísticas do pasado”

octubre 18, 2017 Uncategorised No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, referiuse á situación do edificio de 16 vivendas situado na rúa San Roque de Afóra, e cuxa licenza foi anulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no ano 2008. “Hoxe vemos como as malas prácticas no ámbito urbanístico de hai décadas teñen consecuencias complicadas no presente, tanto para as persoas propietarias como para veciños e veciñas e para a propia administración municipal”, lamentou Ferreiro, que sinalou este caso como “unha mostra máis das consecuencias da falta de coidado co urbanismo na cidade da Coruña”. Tal e como avanzou, o Concello remitirá esta semana ao xulgado os informes técnicos, a valoración e os acordos para para a execución da sentenza. “O que nos di o xulgado é que hai que cumprir a sentenza, e o único xeito é, ben derrubando o edificio ao completo ou adaptándose ao planeamento urbanístico vixente na actualidade (o PXOM de 2013), o que suporía eliminar arredor do 30% do volume do edificio”, indicou Ferreiro, quen advertiu tamén das últimas resolucións xudiciais ao respecto, que confirman que a solución que o anterior goberno municipal impulsou no ano 2015 “non era válida, e que hai que executara sentenza”.

Noutra orde de asuntos, e preguntado polo proceso de conformación da área metropolitana da Coruña, o alcalde emprazou ao PSOE e o PP a “apostar pola área metropolitana e pola cidade”. “Resulta curioso que o único Pleno que non aprobou formalmente o impulso á area metropolitana é o do Concello da Coruña, onde está, precisamente, o executivo que impulsou esta proposta, que é o coruñés. Isto non deixa de ser raro, xa que, en principio, parece que todos os concellos apostamos pola área metropolitana”. sinalou. “O PSOE de Galicia está levando ao Parlamento o impulso á área metropolitana; se o fai en Galicia, sería bo que se trasladase a importancia de que tamén se impulse aquí, na Coruña. Pola banda do Partido Popular, dous dos tres alcaldes da comarca –Abegondo e Carral– levaron aos seus plenos o impulso da Área Metropolitana e o aprobaron. Cústame aceptar que o PP queira para Vigo unha cousa e para A Coruña outra, tendo en conta que en Vigo apoiou a creación da Lei de Área Metropolitana, aínda cando, na práctica, o que vemos todos os días é que o PP non cre na cidade da Coruña, e isto é un síntoma máis”, reflexionou.

Preguntado sobre a reunión prevista para mañá, mércores, entre o Concello, a Xunta e ADIF en relación á estación Intermodal, o rexedor amosou o seu desexo de acadar un acordo. “Agardemos que mañá poidamos sacar o proxecto adiante. Na Coruña levamos moitos meses agardando pola Xunta, pero a falta de fe e escusas permanentes sobre a cidade levan a que o proxecto leve máis atraso do que nos gustaría”, censurou.

O Concello completa unha nova fase de limpeza na Pasaxe, coa retirada de 492 toneladas de residuos e o derrubo de dúas construcións

octubre 16, 2017 Uncategorised No Comments

O Concello vén de completar unha nova fase, a terceira, do proceso de limpeza que se desenvolve na Pasaxe, que se leva a cabo desde principios de ano no asentamento e a súa contorna, dentro do Plan de Acceso a un Hábitat Digno que o Concello desenvolve coas familias residentes. Na última semana, os traballos de limpeza supuxeron a retirada 492 toneladas de residuos da zona e serviron, ademais, para completar o desmantelamento de dúas novas infravivendas que se atopaban desocupadas. Con estas, súmanse 17 construcións deste tipo e 5.332 toneladas de residuos recollidas na Pasaxe, onde xa se procedeu a dar unha alternativa habitacional a 11 familias residentes –34 persoas– dentro deste Plan municipal de Acceso a un Hábitat Digno, que, como indica o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, “opera de forma transversal e interdisciplinar para atopar solucións habitacionais duradeiras para as persoas residentes nos asentamentos precarios da cidade, á vez que traballa con elas no eido educativo, laboral e sanitario, de cara á súa inserción socio-laboraleparticipaciónnasactividadesdavidacotiá”.

Do labor desenvolvido nestes meses, o responsable municipal destaca o derrubo da nave da Toja, que supuxo, ademais do desmantelamento desta estrutura e das infravivendas da súa contorna, a redución dunha parte moi importante dos materiais e refugallo depositados nesta parte da Pasaxe. Foi, segundo indica, “produto de todo o traballo social desenvolvido, de forma discreta pero continuada, cos e coas residentes durante moitos meses”, e que derivou no realoxo de todas as persoas afectadas directamente polo derrubamento desta infraestrutura, “dentro das políticas de dereito a unha vivenda digna nas que este goberno cre e desenvolve, coa implicación directa tamén da Concellería de Xustiza Social e Coidados”.

Como tamén fai notar, xunto con estes traballos, o Concello desenvolve coas persoas do asentamento un labor de formación, “que se fai tendo en conta a perspectiva da realidade social dos e das habitantes e do traballo cara á plena integración que ten que impulsar o Concello”.

Medio Ambiente

Ao fío, a concelleira de Medio Ambiente, María García, quixo salientar que, ademais das tres intervencións de xestión de residuos levadas a cabo na Pasaxe, o seu departamento, e dentro das actuacións de carácter transversal dentro do Plan de Acceso a un Hábitat Digno, tamén levou a cabo outras tres actuacións máis con anterioridade, unha no Portiño e dúas nas Rañas, coa colaboración da veciñanza da zona. “A isto sumáronse varias actividades de sensibilización e educación ambiental sobre a xestión dos residuos en todos os asentamentos de carácter precario, así como tarefas de normalización dos puntos de recollida de residuos e a instalación de novos espazos de conteneurización”, destacou.

“Cremos que é necesario que estas accións de limpeza vaian ademais vinculadas á iniciativas de economía social vinculadas á xestión dos residuos, de forma que nos encamiñemos á vez á inclusión sociolaboral dos colectivos máis desfavorecidos”, salientou.

O Teatro Rosalía de Castro acolle hoxe a estrea da obra ‘Elisa e Marcela’, “que pon en valor un episodio histórico na loita pola igualdade e liberdades na cidade da Coruña”

octubre 14, 2017 Uncategorised No Comments

A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presentou no Pazo de María Pita o espectáculo Elisa e Marcela, unha peza teatral baseada na historia de Marcela Gracia e Elisa Sánchez, a parella que constituíu, no 1901, o primeiro matrimonio entre mulleres do Estado. A obra, unha coprodución da compañía A Panadería co Concello da Coruña, Concello de Rianxo, Concello de Vimianzo e Centro Dramático galego, estrearase mañá no Teatro Rosalía de Castro, no marco da programación do Ciclo Principal de outono. “Esta obra, escrita, dirixida e protagonizada por mulleres, presenta un feito tan relevante para a historia desta cidade e do Estado como foi a voda de Marcela e Elisa, o primeiro matrimonio entre mulleres, un episodio pioneiro e transgresor que marcou un fito na loita pola igualdade”, salientou Rocío Fraga, quen lembrou que esta acción se enmarca na serie de actuacións que o goberno local “porá en marcha nos próximos meses co obxectivo de visibilizar a súa historia”. “O Concello quere facer unha aposta forte por dar a coñecer a historia destas dúas mulleres, un compromiso que se iniciou coa aprobación para introducir o seu nome no rueiro, e continuará coa súa visibilización ao longo deste mandato”, especificou a edil, que estivo acompañada na presentación polo director do Teatro Rosalía, Paulo Rodríguez; a directora do Centro Dramático de Galicia, Fefa Noia; o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo; a edil de Cultura de Vimianzo, Marta Rey; a concelleira de Cultura de Rianxo, Hadriana Ordóñez; e Ailén Kendeleman,NoeliaCastroeAretaBolado,integrantesdacompañía.

A montaxe, que se representará mañá no equipamento municipal da rúa Rego de Auga, é unha comedia que está dirixida por Gena Baamonde e aborda a historia de Marcela e Elisa, mulleres que casaron na igrexa de San Jorge no ano 1901 “desde o humor e a ironía”, segundo sinalou Baamonde, e inclúe música orixinal de Ailén Kendelman que será interpretada a capella polas actrices protagonistas. Tras a representación deste sábado, o espectáculo contará con dúas funcións para público escolar a semana que vén. De cara aos próximos meses, o Concello e a compañía colaborarán coa realización dunha serie de actividades arredor da figura de Marcela e Elisa e novas funcións do espectáculo. “A pesares dos avances pola loita dos colectivos LGTBQI, aínda é necesario seguir traballando neste sentido. Elisa e Marcela foron invisibilizadas durante moito tempo nesta cidade, e cómpre salientar o fito que marcou a súa voda a prol das liberdades”, dixo Fraga. … Leer más

A Xunta de goberno local aproba as ordenanzas fiscais e de recadación para 2018, que “afondan na progresividade e se centran na veciñanza en situación de precariedade”

octubre 12, 2017 Uncategorised No Comments

A Xunta de goberno local aprobou este mércores, en sesión extraordinaria, as modificacións das ordenanzas fiscais e de recadación para o ano 2018, que afondan “nos principios de progresividade e de equidade que promove o executivo municipal”. Ademais, e segundo destacou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, nun encontro cos medios posterior á reunión do goberno, “estas ordenanzas céntranse especialmente en aliviar a carga dos veciños e veciñas que se atopan en situación de precariedade”. “Cremos nun principio de xustiza redistributiva; aquela parte da cidadanía que menos posúe non pode soportar a mesma presión fiscal. Parécenos algo fundamental no camiño de axudar a estas persoas a conseguir plena autonomía”, indicou o rexedor, que salientou que, ademais, os cambios nas ordenanzas –que deberán ser posteriormente ratificadas polo Pleno municipal nunha sesión de carácter extraordinario– “tratan de favorecer o uso das instalacións deportivas e culturais da cidade, así como a promoción do pequeno comercio”. “Afondamos desta forma na tarefa de modificación de ordenanzas que iniciamos en 2015”, recordou o mandatario.

Entre as novidades, cóntase a inclusión de novas medidas sociais nas ordenanzas fiscais, das que destaca a aplicable na taxa do lixo, que vai parella ás medidas xa introducidas por este goberno na taxa da auga. En concreto, a ordenanza fiscal número 6, reguladora do imposto municipal pola prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo e residuos sólidos urbanos, aplicará unha serie de “coeficientes redutores sobre a tarifa destinada a fogares en situación de precariedade”. Así, introdúcese a cota cero para aquelas persoas que perciben a Renda de Integración Social de Galicia (Risga) ou algunha prestación de carácter similar, como é o caso da Renda Social Municipal (RSM). Por outro lado, cando a renda familiar non supere o IPREM, a tarifa doméstica para vivendas multplícase por 0,25, conseguindo, por tanto, un aforro do 75%. No suposto de que a renda non supere en 1,5 veces o índice marcado no IPREM, a cota será o resultado de multiplicar a tarifa para vivendas por 0,5, cun desconto, por tanto, do 50%.

Do mesmo xeito, e tal e como xa ocorre na taxa de entrada de vehículos desde a vía pública, no IVTM e no IAE, proponse que nos casos de alta ou baixa na prestación do servizo de recollida e tratamento de lixo que non coincida co ano natural, a taxa sexa calculada proporcionalmente ao número de trimestres que quedan para rematar o ano, e non por semestres, como até agora. … Leer más

O Laboratorio Cidadán organiza unha xornada aberta para que a veciñanza poida propoñer iniciativas que complementen a actividade do Co-Lab e dos seus proxectos

septiembre 28, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Laboratorio Cidadán da Coruña, organizará o próximo sábado 30 no viveiro Accede Papagaio unha xornada aberta á veciñanza para propoñer e seleccionar conxuntamente as actividades que se organizarán durante este ano no Co-Lab, como complemento ao desenvolvemento dos proxectos de innovación social que formarán parte do mesmo neste 2017 “e coa finalidade de fortalecer as comunidades que se están a tecer en torno a este novo proxecto municipal”, segundo expón a edil Claudia Delso. “O obxectivo desta xornada é pensar e propoñer actividades que reforcen e melloren o traballo do Co-Lab así como axuden a dinamizar, visualizar e enriquecer o proceso que o laboratorio camiñará nos vindeiros meses”, explica a responsable municipal. As propostas escollidas uniranse aos 6 proxectos de innovación social seleccionados este ano “cuxo obxectivo común é mellorar a vida das persoas e acadar unha cidadanía máis igualitaria a través de mecanismos de produción de coñecemento colaborativos, abertos e reutilizables”.

Todas estas actividades, tal e como avanza Delso, “terán que cumprir coas normas establecidas do Co-Lab: transversalidade dos saberes, liberdade de acceso ao coñecemento e reutilización, prototipado rápido, comunidade de aprendizaxe e un espazo de convivencia”. Para máis información sobre esta xornada aberta e o Laboratorio Cidadán, pode consultarse a web municipal http://colab.coruna.gal/

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...