Home » Uncategorised » Recent Articles:

O artista polaco Wieslaw Haladaj gaña o Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación da Coruña

septiembre 5, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O artista polaco Wieslaw Haladaj gaña o Premio Internacional Jesús Núñez de arte gráfica da Deputación da Coruña

O artista polaco Wieslaw Haladaj (1959)  coa súa obra “Appearance-22” é o gañador da 13 edición do Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica da Deputación da Coruña que hoxe se decidiu nunha reunión do xurado que se desenvolveu na Fundación CIEC de Betanzos. O xurado destaca a alta calidade das obras presentadas.

O xurado destacou que a obra de Wieslaw Haladai ten un “alto nivel técnico e unha minuciosa elaboración coa que o autor conseguiu crear unha obra que a través do trazo amalgama imaxes nas que se descubre un mundo de rostros e miradas conmovedor”. Definiron, desta maneira a obra como “un bosque de trazos nos que se adiviñan as imaxes humanas nunha creación que sobrepasa a mera peripecia técnica e incorpora outra máis contemporánea, un compromiso estraño coa figuración”. A maioría dos votos optou pola obra de Haladaj entre as 138 presentadas a esta edición do premio da Deputación da Coruña.  O artista gañador recibirá un premio de 6.500 euros.

5

O xurado estivo composto polo crítico de arte e comisario de exposicións, Alberto González Alegre, a artista Carmen Isasi Martínez, o director do Festival Internacional de Grabado FIG Bilbao, Roberto Sáenz de Gorbea, o historiador da arte e director da Fundación CIEC, Pedro González Galilea e a gañadora da anterior edición do premio, a artista Federica Bau. A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, actuou como presidenta do xurado e a xefa do Servizo de Cultura, Mercedes Fernández-Albalat como secretaria. … Leer más

A Deputación destina 37.000 euros para axudas a protectoras de animais da provincia da Coruña

agosto 31, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación destina 37.000 euros para axudas a protectoras de animais da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña vén de publicar no BOP de hoxe xoves, 30 de agosto, a concesión definitiva das subvencións destinadas ás asociacións protectoras de animais domésticos da provincia.

Esta liña de axudas, convocada este ano por primeira vez, distribuirá 37.272,60 euros para apoiar a estas entidades no financiamento dos gastos de alimentación, servizos veterinarios ou medicamentos dos animais que acollen nas súas instalacións.

As entidades que contarán co apoio económico da Deputación nesta primeira convocatoria son a Asociación Protectora de Animais do Camiño (4.448,60 €), a Asociación APADAN (12.400,50 €), a Asociación Comportamento Ético Animais Cometa (5.824 €) e Asociación Protectora de Animais Gatocan (14.599,40 €).

 

 

O Concello afonda no seu compromiso coa loita contra as violencias machistas e reforza a coordinación do traballo da Policía Local coas forzas estatais en materia de atención integral ás vítimas

agosto 30, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello afonda no seu compromiso coa loita contra as violencias machistas e reforza a coordinación do traballo da Policía Local coas forzas estatais en materia de atención integral ás vítimas

​O Concello da Coruña continúa a afondar no seu compromiso contra as violencias machistas, motivo polo que impulsará novas vías de colaboración con outras institucións, nomeadamente, neste caso, coa estatal. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa subdelegada do goberno na Coruña, Pilar López-Riobóo, na que se chegaron a unha serie de compromisos para favorecer a coordinación de liñas de actuación tanto en materia tanto de loita contra as violencias, como no referido á protección das vítimas.

Fraga salientou o impulso que o goberno local está a dar para que a Policía Local formalice unha unidade específica de traballo contra ás violencias machistas. “Ter unha cidade libre de violencias é un obxectivo dos corpos de seguridade municipais, que desenvolven un traballo moi amplo neste sentido, e que abarca dende actuacións concretas até charlas e talleres. Non obstante, hoxe demos un novo paso, xa que estamos a estudar a incorporación da Policía Local ao sistema Viogem, que está centrado na protección das persoas que sofren a violencia de xénero”, comentou a concelleira. “Este sistema trata de promover as actuacións conxuntas entre corpos locais e estatais para asegurar o cumprimento das medidas de protección acordadas polos órganos xudiciais, por exemplo”, indicou Fraga. “Estamos contentas de comezar a dar os primeiros pasos”, relatou a concelleira de Igualdade e Diversidade que, recordou non obstante que a inclusión neste sistema require, tal como se explicita no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, dun convenio entre as administracións implicadas (Concello e Ministerio de Interior) para que a Policía Local poida realizar a protección de posibles vítimas unha vez valorado o seu nivel de risco polos corpos de seguridade do Estado.

… Leer más

O 98% dos socorristas formados pola Deputación traballan este verán en praias e piscinas da provincia da Coruña

agosto 28, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O 98% dos socorristas formados pola Deputación traballan este verán en praias e piscinas da provincia da Coruña

O 98% das persoas que remataron os dous cursos de salvamento e socorrismo en praias e en instalacións acuáticas deportivas organizados pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL) están traballando este verán en praias e piscinas da provincia da Coruña.

Os cursos, destinados a persoas desempregadas e realizados en colaboración coa Cruz Vermella e a Federación Galega de Socorrismo, desenvolvéronse entre 2017 e 2018 e permitiron a 45 alumnos obter esta dobre titulación, obrigatoria para traballar en servizos de salvamento acuático, que ademais incrementa as súas posibilidades de manterse no mercado laboral durante todo o ano e non só na tempada de verán. … Leer más

O Consorcio Contra Incendios da Coruña estuda incorporar novos supostos de exención e bonificación de taxas

agosto 21, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Consorcio Contra Incendios da Coruña estuda incorporar novos supostos de exención e bonificación de taxas

A sede da Deputación da Coruña acolleu unha reunión do pleno da Consorcio contra Incendios e Salvamento da Coruña na que, entre outros asuntos, abordouse a posibilidade de introducir cambios na ordenanza que regula as taxas que se pagan polo servizo.

Os cambios propostos suporían a exención de taxas en máis supostos que os previstos actualmente (catástrofes, servizos requiridos por xuíces ou forzas e corpos de seguridade do Estado, servizo de prevención realizados a instancia do propio Consorcio…) incorporando cuestións como as actuacións realizadas en vivendas que carezan de seguro e que sexan residencia habitual cando non se dispoña doutro inmoble residencial e os ingresos da unidade familiar non excedan per cápita o 50% do IPREM (Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples).

Con estes cambios, que prevén introducirse a partir de 2019, as familias máis desfavorecidas ou en situacións máis vulnerables veríanse exentas do pago da taxa correspondente tras sufrir un sinistro que requira da asistencia do servizo provincial de bombeiros.

Asimesmo, o Consorcio estudará tamén a proposta de bonificar con ata un 50% a taxa que pagan os concellos da provincia cando son suxeitos pasivos dunha intervención do Consorcio Provincial Contra Incendios.

A reunión estivo presidida polo titular da Deputación e do Consorcio, Valentín González Formoso, e contou coa asistencia do director xeral de Emerxencias, Luís Menor, os deputados provinciais Ánxela Franco e José Luis García, a, secretaria territorial da Xunta na provincia da Coruña, Patricia Martínez, a xefa territorial da Consellería de Presidencia, María Barreiro, e o xerente do Consorcio, Luís Barca, e a secretaria do mesmo, Graciela Riveiro.