Home » Uncategorised » Recent Articles:

Emprego e infraestruturas centraron a primeira reunión entre o presidente da Deputación e o delegado do Goberno en Galicia

julio 22, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en Emprego e infraestruturas centraron a primeira reunión entre o presidente da Deputación e o delegado do Goberno en Galicia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Azpiazu.

O encontro encádrase na rolda de contactos institucionais que o novo delegado do Goberno está a realizar con motivo da súa recente toma de posesión do cargo. … Leer más

EL 15 ANIVERSARIO DE LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE LLEGA A LA MARINA CON UNA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

julio 20, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en EL 15 ANIVERSARIO DE LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE LLEGA A LA MARINA CON UNA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

La Fundación María José Jove continúa celebrando su 15 aniversario y, con el objetivo de sensibilizar a la sociedad en torno a la infancia y las personas con diversidad funcional, ha organizado una exposición fotográfica por primera vez a pie de calle en la ciudad. Esta iniciativa ha sido posible gracias al convenio firmado el pasado 5 junio entre la Fundación María José Jove y el Ayuntamiento de A Coruña.

EXPOSICION 15 AÑOS DE LA FUNDACION MARIA JOSE JOVE EN A CORUÑA 15 AÑOS DE COMPROMISO SOCIAL

“Fundación María José Jove: 15 años de compromiso social” puede verse desde hoy y hasta el 31 de agosto en La Marina” y está integrada por 44 imágenes realizadas por el fotoperiodista Xurxo Lobato.

Los protagonistas de las fotografías son usuarios de los programas de la Fundación. Consta de instantáneas realizadas durante actividades de los programas de Ocio y Tiempo Libre, Promoción Cultural, Educación y Salud a lo largo de un año y con las que se ha intentado transmitir el día a día de la Fundación María José Jove: una entidad entidad viva, con programas singulares que llegan directamente a los usuarios y que trabaja por lograr una sociedad inclusiva, en el sentido más amplio de la palabra. … Leer más

O Concello ultima as obras de urbanización no parque Ofimático necesarias para conceder as licenzas de primeira ocupación

julio 16, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello ultima as obras de urbanización no parque Ofimático necesarias para conceder as licenzas de primeira ocupación

O concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, achegouse esta semana ás obras que se desenvolven no Ofimático para a urbanización das bases onde estaban asentadas as tres torretas do tendido eléctrico, unha vez que xa están desmontadas por parte de Unión Fenosa Distribución, e que supón a derradeira actuación que resta neste sector, previa á concesión das primeiras licenzas de primeira ocupación. Neste sentido, o responsable municipal sinalou que os traballos do firme nestes enclaves avanzan a bo ritmo, o que posibilitará –se as condicións meteorolóxicas o permiten– completar as actuacións de competencia municipal no sector antes de final deste mes de xullo, tal e como se marcara o Concello e como se consensuara coa compañía eléctrica.

Segundo fai notar o concelleiro, unha vez desmanteladas das estruturas eléctricas na segunda metade do pasado xuño, o Concello puido acometer e completar os movementos de terras, así como a explanación e escavación nas tres bases, e executar na súa maior parte as instalacións nas torretas, alí onde é necesario. “Deste xeito, unha vez completados estes traballos de urbanización, e tan pronto como Fenosa poida dar subministración eléctrica ás vivendas, o Concello poderá concluír a tramitación administrativa para a concesión das licenzas de primeira ocupación dos inmobles que cumpran os requisitos necesarios, toda vez que xa foi avanzando nos trámites durante estes meses”, indica Varela, que recorda que a licenza require de que as parcelas dos edificios conten coa condición de soar –para o que é precisa a súa urbanización– e que as obras realizadas sexan acordes ao proxecto e á licenza concedida para a súa execución.

O Concello somete a consulta pública o prego para a contratación do servizo de limpeza viaria, que introduce un reparto equitativo dos medios nos barrios, equipos de traballo específicos e maquinaria máis eficiente e silenciosa

julio 11, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello somete a consulta pública o prego para a contratación do servizo de limpeza viaria, que introduce un reparto equitativo dos medios nos barrios, equipos de traballo específicos e maquinaria máis eficiente e silenciosa

A Concellería de Medio Ambiente somete a consulta pública os pregos do novo contrato de limpeza viaria, nun proceso “aberto, transparente e útil” que axudará a definir as bases dunha licitación de máis de 14 millóns de euros nas que se aposta por unha gran inversión, de cinco millóns, en maquinaria “respectuosa co medio ambiente, eficiente e silenciosa”, a creación de equipos específicos de limpeza para situacións e tarefas concretas e o reparto equitativo dos medios nos barrios. A edil de Medio Ambiente, María García, salientou que o Goberno local volve apostar nun contrato de elevada contía, como é o seu compromiso, polas políticas de consulta pública, que xa aplicou no prego de recollida de residuos, “unha acción que non foi só pioneira senón tamén moi positiva pola cantidade de achegas que houbo e que contribuíron a enriquecer os pregos en base á experiencia de distintos sectores”. Ao fío, García lembrou que o Goberno local busca “é a primeira administración que fai consulta pública neste tipo de contratos”. “Comezamos a poñer en valor as políticas de consulta e transparencia no prego de recollida de residuos, do que temos bo balance e agora nos lanzamos ao segundo”, dixo. A consulta pública abrirase o próximo venres 13 durante dúas semanas nas que haberá entrevistas con diferentes axentes sociais, dende o persoal laboral implicado, asociacións veciñais e de comerciantes ao sector hostaleiro. “É un proceso no que hai que investir tempo, pero entendemos que é tempo que se gaña porque se pulen as bases, se eliminan erros e conseguimos uns pregos baseados no consenso social”, apuntou García.

… Leer más

A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia

julio 7, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña inviste 200.000 euros na adquisición de furgonetas para sete clubs de remo e piragüismo da provincia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, e os deputados/as provinciais Ánxela Franco, José Manuel Pequeño e Ángel García Seoane, participaron na Coruña no acto de entrega de vehículos a sete clubes de remo e piragüismo da provincia.

Os clubes beneficiarios son o C.D. Municipal de Piragüismo de Dumbría, o club de Piragüismo de Rianxo, o Club de Remo Rianxo, o Club de Remo Naútico de Ribeira, o Club de Remo Cabo de Cruz (Boiro), o Club de Remo Pobra e o Centro Deportivo Mariñeiro de Mera (Oleiros).

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, afirmou que con estas adqusicións, a área de Deportes da institución provincial pretende apoiar aos clubs de dous deportes naúticos de longa tradición na provincia e axudalos a manter a súa actividade, que require o transporte de material e persoas tanto para os adestramentos como para a participación en competicións.