Home » Uncategorised » Recent Articles:

CORUÑA THE STYLE OUTLETS OFRECE FORMACIÓN EN MODA A INTEGRANTES DE LA ASOCIACIÓN ‘DOWN CORUÑA’

julio 7, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en CORUÑA THE STYLE OUTLETS OFRECE FORMACIÓN EN MODA A INTEGRANTES DE LA ASOCIACIÓN ‘DOWN CORUÑA’

A lo largo de este mes de julio, integrantes de la Asociación Down Coruña recibirán formación en moda impartida por la Personal Shopper de Coruña The Style Outlets, que será la encargada de esta actividad formativa en el Fashion Corner y que se celebrará los jueves 5, 12 y 16 de julio de 11.00 a 12.30.

Será materia específica en moda, en la que los asistentes aprenderán a combinar diferentes colores y estampados con sus respectivos complementos, vestuario en función del clima y la estación, tipo de ropa en función de la actividad que se realice… todo a través de un aprendizaje participativo en el que vivirán la moda desde Coruña The Style Outlets, centro outlet de referencia en moda y tendencias.

Esta colaboración entre ambas entidades se encuadra dentro de la política de responsabilidad social corporativa del centro outlet de implicarse con Asociaciones de su entorno: “Estamos encantados en contribuir y ofrecer formación sobre moda y tendencias es lo que mejor sabemos hacer. Somos un centro que cuenta con primeras marcas de moda nacionales e internacionales con un descuento mínimo del 30% y que en descuentos adicionales, período en el que nos encontramos ahora, llegamos hasta el 80%”señala Ainhoa de Paz, gerente de Coruña The Style Outlets.  

O XXI salón ‘Viñetas desde o Atlántico’ reúne a creadores e creadoras consagrados que participaron nas primeiras edicións do encontro

julio 5, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O XXI salón ‘Viñetas desde o Atlántico’ reúne a creadores e creadoras consagrados que participaron nas primeiras edicións do encontro

O Salón Internacional de Cómic da Coruña, ​Viñetas desde o Atlántico,​ entra na súa terceira década expoñendo o traballo de autores e autoras xa consagradas e que pasaron nas primeiras edicións do festival como noveis. Trátase da obra dos galegos Emma Ríos e David Rubín, nomeados a varios premios Eisner, Homs e José Luis Munuera, como explicou o director do salón, Miguelanxo Prado. Na presentación desta nova edición, que se celebrará entre o 6 e o 12 de agosto, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, vinculou a “efervescencia e a creatividade do sector gráfico na cidade” coa traxectoria de ​Viñetas desde o Atlántico​. “É tremendo ver a listaxe de obras, premios e a repercusión da ilustración ligada ao cómic da cidade. Vivimos unha época de esplendor gracias ao que representa a iniciativa de ​Viñetas ​dende o seu nacemento”, considerou.

A XXI edición do salón exporá, ata o mes de setembro, os orixinais dos últimos traballos “de autores e autoras hoxe consagrados, cun oco específico no mercado internacional, pero que presentaron no salón algunha das súas primeiras creacións”, indicou Prado. Ademais de Ríos, Rubín, Munuera –autor do cartel de ​Viñetas ​desde ano–, e Homs, estarán no festival as creadoras Cristina Durán, Belén Ortega e Mame Moreu, o premiado no último Salón del Cómic de Barcelona, Ángel de la Calle, os galegos Tirso Cons e Xosé Tomás e o ilustrador José Ramón Sánchez, que realizou unha adaptación de ​Moby Dick na súa primeira incursión no mundo da banda deseñada. “Este ano contamos cunha programación de base estatal con enorme calidade.

Unha vez máis estas pautas de prestixio e de excelencia do salón se cumpren”, indicou Sande. O concelleiro lembrou que o Salón Internacional de Cómic da Coruña recibiu, no mes de maio, na III Gala do Libro o premio como á mellor iniciativa cultural para o fomento da lectura

… Leer más

O Grupo de Baile e Gaitas Santaia ofrece o vindeiro sábado en Santa Cruz un novo espectáculo etnográfico

junio 28, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Grupo de Baile e Gaitas Santaia ofrece o vindeiro sábado en Santa Cruz un novo espectáculo etnográfico

A pista polideportiva de Meixonfrío (Santa Cruz – Oleiros) acollerá o vindeiro sábado, 30 de xuño, ás 22.00 horas, o espectáculo etnográfico “Romeiros”, que porá en escena o Grupo de Baile e Gaitas Santaia e no que participarán en torno a oitenta músicos e bailadores de tódalas idades, pertencentes á formación cultural oleirense.

Baixo a dirección artística do profesor de baile, José Luis Vázquez Rosales, e coa participación activa das diferentes seccións do grupo (gaita, a cargo de Francisco Longueira; percusión, de Alex Ruiz; e pandeireta, de Sonia Reborido), o espectáculo dará comezo ás 22.00h. Nesta ocasión, a formación de música e baile tradicional pretende achegarse a algunhas das principais romarías de Galicia, trasladando ao público ao século XIX e principios do XX.

2017, casamento de Ramón e Palmira

Na edición anterior, no ano 2017, o casamento de Ramón e Palmirafoi o eixo arredor do que xiraba unha historia na que se mesturaba a tradición musical de Galicia coa recreación dos usos que rodeaban un dos fitos sociais máis importantes na vida das persoas: o casamento.

O CMIX organiza este xoves 28 un encontro coa ‘cicloviaxeira’ Iria Prendes, no marco do programa ‘Móvete’

junio 28, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O CMIX organiza este xoves 28 un encontro coa ‘cicloviaxeira’ Iria Prendes, no marco do programa ‘Móvete’

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), promove hoxe, xoves 28, un ​Encontro viaxeiro coa xornalista coruñesa Iria Prendes. A proposta forma parte do programa Móvete, que ten como obxectivo afondar nas oportunidades de mobilidade dispoñibles para mozas e mozos.

Prendes percorreu en bicicleta, no ano 2014, 12.000 quilómetros en América do Sur de maneira autosuficiente, 9.000 deles en solitario. Durante a súa viaxe, pasou por cinco países até chegar a Ushuaia, en Arxentina, o extremo máis austral do continente. No encontro, que terá lugar ás 19.00 horas no auditorio do Fórum Metropolitano, a coruñesa trasladará ao público a súa experiencia como biciactivista, que se pode seguir tamén no blog ​www.unavidanomada.com.​Ademais, a xornalista impartirá o vindeiro 5 de xullo un obradoiro gratuíto de iniciación ao mundo das viaxes en bicicleta, cuxa inscrición permanecerá aberta até o 3 de xullo na páxina web do CMIX, ​www.coruna.gal/cmix​.

Para máis información sobre o programa ​Móvete e as súas actividades –nas que se inclúe o c​ ertame de fotografía ​Viaxarte– pódese visitar tanto o web do CMIX como as súas instalacións no Fórum Metropolitano, ou no teléfono 981.184.294.

O Concello adxudica as obras de reforma dos obradoiros do mercado de Elviña, “unha reclamación dos e das praceiras dende a posta en funcionamento do edificio”

junio 27, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello adxudica as obras de reforma dos obradoiros do mercado de Elviña, “unha reclamación dos e das praceiras dende a posta en funcionamento do edificio”

​O Goberno local vén de adxudicar a obra de acondicionamento dos obradoiros do mercado municipal de Elviña, “unha actuación moi demandada polas praceiras e praceiros dende a apertura das instalacións, que contarán agora cun lugar en condicións para a preparación de alimentos, que cumpra coas garantías precisas e coas esixencias da lexislación”. O concelleiro de Emprego e Economía Social, e responsable dos mercados municipais, Alberto Lema, incidiu en que esta actuación “continúa a política de rexeneración e posta a puntos dos mercados para convertelos en centros da economía e de socialización dos barrios”.

A obra, que terá un prazo de execución de oito semanas, prevé a reforma completa dos obradoiros, situados no segundo andar do edificio, que serán derrubados por completo para reorganizar o espazo, ampliar o seu número ata chegar aos 14 e mellorar as condicións e os materiais dos obradoiros e facilitar así unha correcta limpeza. A empresa adxudicataria, El Corte Inglés, ten 10 días para presentar a documentación precisa antes do inicio das obras, para as que presentou unha oferta de 149.289,80 euros. “Damos cumprimento así a unha vella reclamación dos traballadores e traballadoras, especialmente de carnicería, que lles vai facilitar ​moito o seu labor diario e que tamén vai repercutir nunha mellor calidade do servizo aos e ás clientes”, indica.