Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Deputación da Coruña apoia a investigación de políticas culturais coa convocatoria de dúas bolsas

mayo 30, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña apoia a investigación de políticas culturais coa convocatoria de dúas bolsas

Dúas bolsas de investigación destinadas á área de políticas culturais é unha das novidades da convocatoria da Deputación da Coruña que afonda na liña da mellora da xestión e as prácticas no ámbito da xestión cultural.

As áreas de Educación e Cultura da Deputación da Coruña ratifican un ano máis o seu compromiso coa formación e o desenvolvemento da Cultura trala convocatoria de 20  novas bolsas de investigación, entre as que este ano se inclúen dúas destinadas a apoiar estudos que incidan na mellora da xestión cultural galega. … Leer más

O Concello inaugurará o 16 de xuño os campos de fútbol de Visma, unha vez se leven a cabo traballos para a posta a punto das instalacións

mayo 30, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en O Concello inaugurará o 16 de xuño os campos de fútbol de Visma, unha vez se leven a cabo traballos para a posta a punto das instalacións

O servizo municipal de Deportes aprobou nunha Xunta de Goberno extraordinaria, a recepción dos campos de fútbol de San Pedro de Visma, unha vez que a Federación Galega de Fútbol realizou as obras necesarias para concluír o proxecto e que o persoal técnico municipal comprobou que cumpren coa normativa vixente. Como explica o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, a apertura dos campos, que pasan así a ser de titularidade municipal, “está prevista para o 16 de xuño, xa que é preciso realizar unha posta a punto da instalación e actualizar o seu mantemento”.

As actuacións previstas, que teñen un orzamento estimado de 32.000 euros, “están relacionadas coa demora na posta en servizo dos campos”, apunta Sande. Nos próximos días levarase a cabo a limpeza das instalacións, tanto do interior como do exterior, onde se acumulou lixo polo seu uso irregular e onde tamén quedaron restos de obra, e a eliminación de pintadas no edificio. Tamén se repoñerán os elementos de mobiliario urbano danados –cubertas dos bancos, varandas, tensores das redes–, arranxarase o cerrado, realizarase a roza da maleza e o acondicionamento das zonas verdes, a reposición das reixas de pluviais e a reposición dun tramo no céspede artificial. Como explica Sande, ademais destas obras de carácter inmediato, levaranse a cabo ao longo deste ano a instalación dun transformador e a construción dun aparcamento, actuacións asumidas polo Goberno local que se atopan xa en proceso de contratación.

O Goberno local aprobou tamén distribución dos usos, xa que lle corresponde á Federación Galega de Fútbol a utilización das instalacións durante un mes ao ano –ou a proporción

1

​Nota de Prensa

page2image3807136

equivalente sobre os días que estean aberto ao uso nun ano– para a celebración de partidos oficiais ou adestramentos de seleccións federativas. As horas de uso, que se manterán dez anos tal e como se acordou no protocolo de colaboración que asinaron ambas entidades, serán definidas por unha comisión paritaria entre Concello e a federación.

A construción dos dous campos de fútbol de San Pedro de Visma remóntase a un acordo de colaboración asinado entre o Goberno local e a Federación Galega de Fútbol en xullo de 2012. Ese protocolo incluía a construción dun edificio administrativo e institucional federativo en terreos municipais, unha concesión á que a federación renunciou en 2015, como así manifestou por medio dun escrito ao Concello. Porén, a entidade comprometeuse a manter na cidade unha delegación territorial.

A Deputación financia con 300.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 40 concellos da provincia

mayo 30, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación financia con 300.000 euros os servizos de socorrismo das piscinas e praias fluviais de 40 concellos da provincia

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica a concesión das subvencións para os servizos de salvamento en concellos do interior da provincia, que financia a Deputación da Coruña con 302.165,61 euros.

A través desta liña de axudas, 40 concellos coruñeses custearán os salarios dos socorristas que traballarán este verán nas piscinas, praias fluviais e outros espazos acuáticos municipais.

As achegas da Deputación van desde os 3.521 aos 10.000 euros, segundo as necesidades estimadas por cada concello. A comarca de Santiago, ao contar co maior número de concellos de interior, concentrará máis da metade destas axudas, un total de 155.248,77 euros.

Pola súa banda, na zona da Coruña e As Mariñas achéganse 50.484,89euros,que se repartirán entre os concellos de Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Sobrado, Vilasantar e Oza-Cesuras. En Ferrol, Eume e Ortegal, a Deputación concedeu un total de 54.785,17 euros para os concellos de A Capela, Cerdido, Moeche, Monfero, As Pontes, San Sadurniño, As Somozas e Vilarmaior. … Leer más

LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE MOSTRARÁ CON LA EXPOSICIÓN “Esto no es un plan B” EL POTENCIAL CREATIVO DE LAS PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL

mayo 29, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en LA FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE MOSTRARÁ CON LA EXPOSICIÓN “Esto no es un plan B” EL POTENCIAL CREATIVO DE LAS PERSONAS CON DIVERSIDAD FUNCIONAL

La Fundación María José Jove mostrará el potencial creativo de las personas con diversidad funcional o en riesgo de exclusión. Será con la exposición “Esto no es un plan B” que se inaugurará este jueves 31 de mayo en la sede de la Fundación y que está integrada por 37 obras realizadas por los participantes en los programas de arte inclusivo que la Fundación lleva a cabo desde 2010 y a través de los cuales busca potenciar la creatividad, estimular los sentidos y la inclusión de personas con diversidad funcional o en riesgo de exclusión a través del arte.

La exposición se inaugurará coincidiendo con la conferencia (19.30h) que impartirá Tom di María, director de Creative Growth Art Center (California), el centro de artistas con discapacidades más importante y antiguo del mundo. Se trata de la primera vez que di María visita España y su charla forma parte del Ciclo de Expertos en Sede, uno de los eventos conmemorativos de los 15 años de la Fundación María José Jove (2003-2018) y a través del cual la entidad quiere dar voz a destacadas personalidades de ámbito internacional para tratar temas de actualidad en torno a la salud, la educación y la formación o el arte y la discapacidad.  Bajo el título de “Desde California a Galicia: conversando acerca del arte y del crecimiento de las personas con discapacidad”, la entrada a la conferencia es libre, previa inscripción en la web de la Fundación: www.fundacionmariajosejove.org o en el teléfono 981 160 265 y hasta completar aforo. … Leer más

A Deputación ofrece soporte técnico aos concellos coruñeses para adaptarse á nova Lei de Contratos

mayo 27, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación ofrece soporte técnico aos concellos coruñeses para adaptarse á nova Lei de Contratos

O pleno da Deputación da Coruña aprobou cos votos favorables de todos os grupos políticos agás o PP, que se abstivo, os novos pregos- tipo para a contratación das obras integradas nos plans provinciais.

Os pregos e a fórmula de valoración das ofertas económicas para a súa aplicación nos contratos, que foi elaborada en colaboración coa Universidade de Santiago,  supoñen a adaptación á nova Lei de Contratos do Sector Público  que entrou en vigor o pasado 9 de marzo e que esixe a tramitación de forma integramente electrónica de todos os procesos de licitación e contratación, o que está a ocasionar trastornos nos concellos con menos recursos.

Ante os problemas e dúbidas que xorden coa aplicación da nova lei, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, anunciou que a institución provincial, dende o seu servizo de Informática e Administración Electrónica, ofrecerá aos municipios da provincia que o soliciten “titorización e apoio técnico para adaptarse aos requirimentos da nova lei”. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...