Home » Uncategorised » Recent Articles:

A Deputación da Coruña aproba unha moción na que insta a CRTVG a manter as desconexións dos informativos locais e o Diario Cultura

mayo 26, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña aproba unha moción na que insta a CRTVG a manter as desconexións dos informativos locais e o Diario Cultura

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou unha moción cos votos favorables do PSdeG, BNG, Compostela Aberta e Marea Atlántica en que insta á dirección da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) a manter as desconexións locais dos seus informativos radiofónicos e tamén a continuar coa emisión do programa Diario Cultural, tralo anuncio da compañía de suprimir ambos espazos da súa programación diaria.

A moción, que saíu adiante pese aos 16 votos en contra do Partido Popular, foi defendida pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, quen solicitou a CRTVG o mantemento das desconexións locais nos servizos informativos da Radio Galega pois, de acordo a súa condición de servizo público “manter estes espazos contribúe a garantir o dereito fundamental de acceso a información de proximidade para o conxunto da cidadanía galega”. … Leer más

A Deputación da Coruña trae ao Teatro Colón o documental “Sitio Distinto”, unha viaxe polas migracións galegas a Euskal Herria

mayo 25, 2018 Uncategorised Comentarios desactivados en A Deputación da Coruña trae ao Teatro Colón o documental “Sitio Distinto”, unha viaxe polas migracións galegas a Euskal Herria

A Área de Cultura da Deputación da Coruña trae á pantalla do Teatro Colón a longametraxe documental “Sitio distinto”, unha viaxe polas diferentes ondas migracionais desde Galiza ata Euskal Herria. A proxección terá lugar este sábado 26 ás 20:00 horas

Dirixida por Davide Cabaleiro e producida por Zirriborro e Pixel Films, “Sitio distinto” é un percorrido desde finais do século XIX ata a actualidade para entender por que a emigración galega chegou a Euskal Herria. E, sobre todo, por que se instalou alí atéos nosos días. O documental explica tamén como esa decisión xerou que ambos os pobos se atopen e creen xuntos a nivel musical, literario, social e cultural. … Leer más

A sala municipal Plataforma14 acollerá a partires do venres 25 a mostra ‘O circo da vida’, do alumnado da EASD Pablo Picasso

mayo 23, 2018 Uncategorised No Comments

​A sala municipal de exposicións Plataforma14, que se atopa no Fórum Metropolitano, acollerá desde o vindeiro venres 25 e até o luns 25 de xuño a exposición ​O circo da vida, unha escolma de traballos realizados polo alumnado das diversas disciplinas da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso como peche do curso académico do centro. A mostra, que inclúe 60 fotografías, carteis, ilustracións, cut-outs e maquetas de escenografías, busca achegar as e aos visitantes á reflexión sobre distintos aspectos da condición humana.

Tal e como avanzan desde a EASD Pablo Picasso, ao abranguer un tema “tan amplo”, alén dos contidos académicos programados, “púxose en valor ​a autenticidade en todo o que se fixo”. “A meta foi superar ‘o máis difícil aínda’, que serviu para saír das zonas de confort, e ​foron abraiantes os camiños percorridos polos equipos dos módulos das distintas especialidades artísticas”, sinalan desde o centro educativo. ​Tanto o alumnado participante como o seu profesorado asistirán este venres á inauguración da exposición, na que estará presente a concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso.

A sala Plataforma14, dependente da área que dirixe Delso e coordinada polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pretende achegar á cidadanía a creación realizada polas e polos artistas emerxentes da Coruña. Toda a información sobre este espazo pódese atopar no seu web,www.coruna.gal/cmix/plataforma14​.

A Deputación da Coruña destina 2,8 millóns de euros para impulsar 500 contratacións nos concellos coruñeses en 2018

mayo 22, 2018 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña, a través do Plan de Emprego Local (PEL), destina durante 2018 un orzamento 2,8 millóns de euros para apoiar aos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos.

O organismo provincial publica no Boletín Oficial da Provincia as asignacións económicas que correponden a cada concello, que oscilan entre os 19.000 e os 52.000 euros, en función do número de parados rexistrados en cada municipio. A totalidade dos concellos coruñeses que optaban a estas axudas obtiveron as subvencións, agás Coristanco, por non ter aprobada e presentada ante os órganos de control externo a última conta xeral do municipio. … Leer más

O Plan Único da Deputación da Coruña inviste 67,6 millóns nos concellos coruñeses en 2018

mayo 17, 2018 Uncategorised No Comments

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, por unanimidade de todos os grupos políticos,  os investimentos incluidos no Plan Único (POS+ 2018), que este ano ascenden a 67.666.441, 67 euros.

Coa aprobación das partidas de 2018, o Plan Único suma 166 millóns de euros investidos nos concellos da provincia da Coruña nos dous anos que leva en funcionamento (2017-2018). “Un investimento histórico”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que detallou que se trata do maior plan de cooperación municipal das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, xa que distribúe entre os 93 municipios coruñeses, baseándose en criterios obxectivos e en só dúas anualidades, unha cantidade equivalente ao presuposto anual da Deputación. … Leer más

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...