Home » Uncategorised » Recent Articles:

O Teatro Rosalía acollerá unha nova edición do ciclo TRC Danza, que conta con 11 actuacións ao longo do ano e un proxecto expandido “que relaciona a artistas e cidadanía”

mayo 12, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, presentou no Pazo de María Pita a nova edición de TRC Danza, programa estable de artes do movemento do Teatro Rosalía de Castro, que se desenvolverá na cidade até o mes de decembro e que conta ademais cun proxecto de Programación Expandida de mediación cultural, que busca achegar a artistas e cidadanía. O edil destacou “o gran nivel da programación deste ano, centrada nas vertentes modernas, con compañías punteiras no Estado español, e que deixa ver o altísimo nivel nas artes escénicas dos e das artistas galegas e coruñesas”, como é o caso de Janet Novás, Ánxela Blanco ou Andrea Quintana.

A primeira actuación dentro do ciclo TRC Danza tivo lugar o pasado 28 de abril, e formou parte dunha programación especial con motivo do Día Internacional da Danza, que consistiu na estrea absoluta do espectáculo de danza-teatro Green , de Patricia Ruz. Á marxe desta, a primeira obra que formará parte deste ciclo será Ulises e a Nena Durmida , que terá lugar no Rosalía o sábado 20 de maio. Un espectáculo de danza contemporánea que explota o mito de Ulises. O sábado 10 de xuño a Fundación Psico Ballet Maite León ofrece Mesa para Tr3s , que conta con tres propostas escénicas de Balhaus , de Antonio Cruz, Café de Patricia Ruz e Des/envolturas , de Amaya Galeote. A programación contará coa obra Si pudiera hablar de esto no haría esto , da compañía de Janet Novás, unha das figuras máis destacadas da danza contemporánea estatal, segundo destacou o director do Teatro Rosalía, Xosé Carlos Rodríguez. … Leer más

Xiao Varela destaca “o traballo social desenvolvido polo Goberno local” que posibilitou iniciar esta xornada as tarefas de demolición da antiga nave da Toja na Pasaxe

mayo 6, 2017 Uncategorised No Comments

O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, amosouse “moi satisfeito polo inicio, sen incidentes” dos traballos para a demolición da antiga nave da Toja, na Pasaxe, que debe acometer a empresa propietaria dos terreos por sentenza xudicial. O responsable municipal destacou que o procedemento puido levarse a cabo “debido en gran medida ao traballo social que o Goberno local leva desenvolvendo na zona de forma discreta durante meses”. Este traballo en concreto derivou no realoxo de todas as persoas afectadas directamente polo derrubamento desta infraestrutura. “Esta mañá, logo de comprobar que a parcela está completamente libre de ocupantes, e cerciorarnos de que non existe ningún tipo de problemática, procedemos a dar o testigo á empresa propietaria, que é a que ten a obriga de proceder á demolición”, comentou o responsable municipal ante a prensa.

Varela recordou que a sentenza a respecto desta zona da Pasaxe non só obrigaba á firma propietaria ao derrubamento do antigo edificio da Toja senón ao Concello a dar unha situación temporal de realoxo aos e ás habitantes do asentamento precario que existe na zona e que se vían directamente afectadas pola demolición. “Pero o Goberno local actuou aquí motivado principalmente polas súas políticas de dereito a unha vivenda digna, e foi moito máis alá. O noso obxectivo é dar solución aos asentamentos precarios de toda a cidade, un traballo arduo, pero que temos que levar a cabo”, dixo, á vez que destacou que “todas as familias e persoas afectadas polo derrubamento obtiveron unha resposta habitacional por parte do Concello adecuada ás súas circunstancias”. O edil explicou que o Goberno local realoxou de forma definitiva a catro familias, con 13 menores a cargo, e deu outras solucións habitacionais, acordes as súas circunstancias a outras dúas persoas. “Podemos asegurar que todas as persoas afectadas pola demolición tiveron a solución habitacional necesaria”, fixo fincapé. “As cousas se fixeron ben, non como en xullo de 2013 cando se intentou abordar a demolición sen un traballo social previo, que é o que nós fixemos. A partir de aí conseguimos levar a cabo este proceso de forma tranquila e calmada, e dar unha solución habitacional a 13 menores que poden iniciar unha vida digna, o cal cremos que é moi importante”, indicou o concelleiro, que destacou que a empresa propietaria indicou ao Concello que a súa previsión é ter rematadas as obras de demolición e posterior retirada dos residuos en menos dun mes. … Leer más

Ferrolterra será protagonista mundial das carreiras de aventura coa celebración do Raid Gallaecia 2017

mayo 4, 2017 Uncategorised No Comments

A Deputación da Coruña acolleu a presentación do Raid Gallaecia 2017, unha competición incluida no calendario da Copa do Mundo de carreiras de aventura que se desenvolverá entre o 7 e o 14 de maio en catorce concellos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Durante seis xornadas, máis dun centenar de deportistas de 18 nacionalidades diferentes, repartidos en 34 equipos, participarán nesta proba, a cuarta das oito que compoñen as series mundiais do Raid de Aventura, que xa pasou por Nueva Zelanda, Paraguay e Ecuador e que recalará na provincia da Coruña para continuar despois en Francia, a segunda parada europea do mundial.

O evento foi presentado hoxe polo deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, os deputados provinciais e alcaldes de Ortigueira e Pontedeume, Juan Penabad e Bernardo Fernández, o delegado de Deportes da Xunta na Coruña, Roberto García, o director de markéting de Gadis, Antonio Cortés, o presidente da Federación Galega de Orientación, Tito Arufe, e o director da carreira, Pablo López Franco, que destacou o alto nivel dos equipos e a dureza dunha proba na que os participantes terán que percorrer máis de 500 quilómetros durante seis xornadas en etapas de trekking, de ciclismo de montaña, de kayak e barranquismo, nunha competición en formato non-stop (sen descansos) que pon a proba, ademáis da forma física, a súa capacidade de resitencia e orientación. … Leer más

Carlos Sobera, Marta Hazas e Javier Veiga protagonizan a comedia ‘5 y acción’ no Teatro Colón

mayo 4, 2017 Uncategorised No Comments

Chega ao Teatro Colón a comedia de Javier Veiga ‘5 y acción’. Protagonizada por el mesmo xunto a Carlos Sobera, Marta Hazas, Marta Belenguer e Ana Rayo, a obra poderá verse o venres 5 e o sábado 6 ás 20:30 horas. O domingo 7 ás 18:00 horas o público familiar ten unha cita con ‘Luppo’ de Baobab Teatro, que se alzou co Premio ao Mellor Espectáculo para Público Infantil e Familiar na 18ª Feria de Teatro de Ciudad Rodrigo.

Javier Veiga é o autor e director da comedia romántica ‘5 y acción’. Baixo a aparencia dunha comedia de enredo clásica, Veiga agocha unha ácida sátira sobre o mundo do cine e da televisión e sobre as ansias por acadar a fama a calquera prezo. Na posta en escena unha gran pantalla como fondo do escenario reproduce anacos das películas que están rodando os personaxes, nesas proxeccións interveñen actores como Enrique San Francisco, Jorge Sanz, Millán Salcedo, Enrique Villén, El Langui ou Jimmy Castro.

‘No es una historia endogámica sobre el mundo del cine. ‘5 y acción’ habla de los sueños frustrados y de los frustrados sin sueños. De los desengaños por amor y de los engaños por desamor’. Así define Javier Veiga esta montaxe na que Marta Hazas (‘Velvet’, ‘Gran Hotel’ ou El Hormiguero) interpreta a unha inocente presentadora da sección do tempo dun telexornal que soña con converterse en actriz. A moza mantén unha relación co presidente do canal televisivo, interpretado por Carlos Sobera (50 por 15 ¿Quiere ser millonario? ou First Dates). El decide cumprir o soño da súa amante e contrata os servizos dun mediocre aspirante a director de cine (Javier Veiga). Todos ocultan algo, todos queren algo do outro e ninguén se fía de ninguén. … Leer más

Xustiza Social reparte as axudas de mobilidade reducida do Bono Taxi logo de ampliar o rango de persoas solicitantes e simplificar os trámites de adxudicación

abril 30, 2017 Uncategorised No Comments

A Concellería de Xustiza Social, dirixida por Silvia Cameán, procedeu a repartir entre as persoas adxudicatarias as axudas do Bono Taxi, programa municipal que se basea na concesión de subvencións a persoas con diversidade funcional que teñen dificultades para o uso do transporte público. Estas axudas son concedidas en formas de bonos que os e as usuarias poderán cambiar por viaxes en taxi. A responsable municipal destacou “a celeridade” á hora da concesión destas importantes axudas a persoas con problemas severos de mobilidade, dado que a apertura do prazo de solicitude se iniciou a mediados do mes de febreiro. “Isto foi posible, en grande medida, en base ás novidades que incorporou o Goberno local á convocatoria deste ano, polo que cal os trámites de solicitude se simplificaron en gran medida”, destacou. En total, o departamento de Xustiza Social concedeu as axudas do Bono Taxi a 135 persoas (2 máis que o ano anterior). Das mesmas, 123 persoas (máis do 90% das persoas solicitantes) percibirán a contía máxima de axuda individual reservada, o que se traduce en bonos por valor de 840 euros. As 12 solicitantes restantes recibirán bonos por valor de 420 euros debido a que xa perciben axudas similares ás do Bono Taxi por parte da Xunta.

A Concellería de Xustiza Social destinou a esta convocatoria de axudas un total de 125.000 euros, mantendo o incremento do 25% na contía reservada pola administración local que o Goberno municipal puxo en marcha o pasado ano. Ademais, Cameán salientou que “nesta convocatoria, o Concello incrementou o límite máximo de renda marcado para poder ser beneficiario desta axuda, dende o 200% do IPREM (índice estatal que serve de baremo para a concesión de prestacións) até o 210%.

“Estamos moi satisfeitas das novidades introducidas nesta convocatoria que fixeron posible tramitar con rapidez estas axudas, moi importantes para afondar na autonomía das persoas con diversidade funcional. A análise das solicitudes reduciu en moito os tempos doutras convocatorias anteriores, tendo en conta que os e as persoas que xa foron adxudicatarias destas axudas no pasado non tiveron que volver a presentar a documentación esixida, senón unha declaración acreditativa de que as circunstancias que implicaron a concesión do Bono Taxi con respecto ao exercicio anterior non mudaron”, relatou.

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...