Home » coruna » Currently Reading:

Concello e Federación Galega de Fútbol asinan o acordo de entrega dos campos de Visma, que serán xestionados pola administración local e amplían “a oferta pública de equipamentos deportivos para a cidadanía”

junio 6, 2018 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o presidente da Federación Galega de Fútbol (FGF), Rafael Louzán, asinaron este martes o acordo polo cal se regula a entrega á administración local dos campos de Visma, infraestruturas construídas polo ente deportivo en base a un acordo de colaboración asinado entre ambas entidades en xullo de 2012. Tanto o rexedor como o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, salientaron que coa recepción dos terreos, que previsiblemente serán inaugurados o próximo día 16, “amplíase a oferta pública de equipamentos deportivos para a cidadanía”.

O acordo rubricado esta mañá no Pazo de María Pita non só oficializa a entrega ao Concello das citadas instalacións, que pasarán a ser xestionadas pola administración local, senón que tamén regulan o réxime de usos das mesmas. Deste modo, os dous novos campos de fútbol serán postos a disposición da cidadanía polo Concello, se ben poderán ser usados pola Federación durante un mes ao ano. En concreto, e segundo o documento asinado hoxe, a administración local cederá a FGF a utilización destes equipamentos po un prazo de 10 de anos “e nun número de horas anuais equivalentes á doceava parte das horas totais de apertura ao longo do ano”. A institución deportiva só poderá celebrar, nese período de tempo, partidos de fútbol oficiais ou ben adestramentos de seleccións federativas. Sande salientou que “para a distribución de horas terase en conta o horario habitual das instalacións que aprobe o Concello, así como os calendarios de partidos da Federación. O que trataremos, en calquera caso, será que esta circunstancia cause o menor prexuízo posible á cidadanía que fará uso destes terreos”. Concello e FDG constituirán unha comisión co obxectivo de resolver a distribución das horas, tendo preferencia no reparto aquelas competicións nas que participen equipos cuxa sede social estea na cidade. “Hai algo tamén que queremos destacar e que entronca co noso obxectivo de que os campos de Visma sexan accesibles para a cidadanía. A Federación non poderá ceder a terceiros as súas horas de uso, nin tampouco cobrar entrada”, engadiu Sande.

O acordo tamén plasma a renuncia da FGF a construción na cidade dunha sede institucional en terreo municipal, se ben reflicte o compromiso da FGF de “manter en todo momento aberta unha delegación territorial na cidade da Coruña”.

Comment on this Article: