Home » coruna » Currently Reading:

‘Cultura Accesible e Inclusiva’ suma a Vegalsa-Eroski como novo patrocionador dun programa municipal “que loita por conseguir unha cidade máis xusta coas diversidades”

octubre 31, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, asinaron esta mañá, no Pazo de María Pita, o convenio de colaboración mediante o que a firma de distribución comercial pasa a formar parte da lista de empresas patrocinadoras do programa impulsado pola Fundación Emalcsa Coruña Accesible e Inclusiva. Nun acto no que tamén estiveron presentes a concelleira de Igualdade, Rocío Fraga, e o titular de Culturas, José Manuel Sande, o rexedor salientou “a colaboración de moitas empresas coruñesas para facer aínda máis grande este programa municipal, que xa vai pola súa segunda ediciónequeloitaconconseguirunhacidademáisxustacoasdiversidades”.

“O obxectivo deste programa é favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultura e artística da cidade, excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar a discriminación”, comentou o alcalde, que destacou que o Concello ten aberta, a través da Fundación Emalcsa e até o 15 de novembro, unha convocatoria, dotada con 100.000 euros, á que se poden presentar proxectos de entidades culturais en colaboración con outras do ámbito das diversidades que fomenten a inclusión e o acceso á cultura. “Cremos que a cultura impulsa as cidades, e unha gran cidade como esta debe fomentar tanto a creación artística como a participación”, dixo, pola súa banda, o primeiro executivo de Vegalsa-Eroski.

O ano pasado, e froito desta convocatoria de axudas, desenvolvéronse na cidade 7 proxectos inclusivos nos que participaron 10 entidades culturais e sociais da cidade. Esta mesma semana, ademais, darase a coñecer o Festigual, actividade que se realizará durante o mes de novembro e servirá para pechar a programación de Cultura Accesible e Inclusiva.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...