Home » Sucesos » Currently Reading:

DETIDO POR VIOLENCIA DE XÉNERO

noviembre 4, 2018 Sucesos No Comments

Ás 22:30 horas do día 02, unha dotación da policía local procedeu á detención dun home por un delito de violencia de xénero. A actuación iniciouse con motivo dun aviso recibido na Sala do 092 no que informaban dun posible episodio de violencia de xénero nun domicilio da zona do mercado de Santa Lucía, onde un home estaba agredindo á súa parella. Unha vez no lugar, os policías atoparon diante do portal a unha muller que presentaba un alto estado de nerviosismo. Esta manifestou aos axentes que momentos antes discutira coa súa parellal e que, no transcurso da disputa, este lle propinou unha patada nunha perna que fixo que caese ao chan. Tras a discusión a botou de casa e non a deixaba entrar no domicilio. Os policías accederon ao inmoble para entrevistarse co home, quen tras abrir a porta recoñeceu aos policías que tivera unha forte discusión coa súa parella no transcurso da cal, esta lle deu unha bofetada e el, para defenderse, empurrouna, caéndose ela sobre a cama. O home tamén manifestou que intentara retela no domicilio e que cando ela conseguiu abandonar o mesmo, decidiu impedirlle a entrada. Á vista dos feitos, procedeuse á detención e posta a disposición xudicial deste home de 40 anos de idade e veciño da Coruña, sendo informado verbalmente do motivo da detención e dos dereitos que lle asisten. O detido quedou custodiado nos calabozos policiais a disposición xudicial e a muller foi trasladada ao Centro Médico Casa do Mar para a súa valoración médica.

Comment on this Article: