Home » coruna » Currently Reading:

Elefante Elegante presenta no Teatro Colón o espectáculo sensorial “Tropical”

junio 7, 2018 coruna No Comments

A área de Cultura da Deputación da Coruña e a compañía de teatro, Elefante Elegante, presentan este venres 8 de xuño (20:30 horas) no Teatro Colón a obra “Tropical”. Un espectáculo sensitivo, universal e evocador que mergulla ao espectador no universo dunha peculiar viaxe, chea de matices e dimensións.

O escenario do Colón acolle a representación dunha peza que xira arredor dun cruceiro ateigado de turistas entretidos que, durante a súa viaxe, atopan unha balsa repleta de refuxiados.

Coa ironía como fío condutor, a obra presenta os acontecementos que se suceden nunha embarcación empraza a cinco grupo de persoas viaxeiras heteroxéneo, entre os que se atopan turistas, emigrantes, polisóns, músicos e mariñeiros, dando lugar a dúas realidades moi distintas. Dunha parte, a das persoas que viaxan do norte ao sur nun cruceiro sedutor, e pola outra,  as que realizan o itinerario a inversa, do sur ao norte, na procura de fuxir da fame e dos cascallos dos seus países de orixe. No entanto, todas elas teñen un obxectivo común, a procura da felicidade.

A obra de Elefante Elegante acode ao absurdo para reflectir as situacións que se están a producir non moi lonxe do noso recuncho de calma e tranquilidade. Na terra, paisaxes de guerras e muros. No mar, infinitas historias, desexos e soños que se cruzan. Ao ritmo das ondas, este barco invita a subir a bordo para navegar o presente cunha nova mirada.

Cunha linguaxe visual asentada no movemento, na imaxe, na música e na danza, “Tropical” representa a procura da poética da viaxe desde unha Europa que naufraga no Mediterráneo.

María Torres e Gonçalo Guerrero asumen a dirección dunha peza en que eles mesmos actúan, e cuxo elenco actoral se completa coa participación deFredi Muíño, Marta Alonso e Ánxela Blanco. Asemade, Elefante Elegante contou co asesoramento temático do doutor en antropoloxía, Carlos Diz, e o vestiario é da premiada deseñadora coruñesa Beatriz Clara, para levar a cabo a composición desta obra

Anacos de brétema no vento, a proposta para este xoves

Antes de que o navío do espectáculo “Tropical” amarre na Coruña, o escenario do Teatro Colón acollerá este xoves a representación de “Anacos de brétema no vento”. A derradeira creación do alumnado doEstudio de Teatro Casahamlet, que con motivo do seu vixésimo aniversario erguerán o pano para representar unha mostra antolóxica de escenas de diferentes figuras da dramarturxia, e entre os que se atopan Tennessee Williams, Alan Poe, Manuel Lourenzo ou Alvaro Cunqueiro, entre outros.

As entradas para presenciar ambos espectáculos pódense mercar na web de Ataquilla.com ou na seguinte ligazón do Teatro Colón:

En escena

Comment on this Article: