Home » Uncategorised » Currently Reading:

Este martes 12 de setembro, a Fundación Luis Seoane presentou oficialmente o proxecto Inseparables, unha proposta experimental que conecta a creación contemporánea coa comunidade educativa

septiembre 13, 2017 Uncategorised No Comments

A Fundación Luis Seoane presentou este martes o proxecto Inseparables, coproducido pola Universidade da Coruña e pola propia Fundación, unha proposta que, partindo dunha perspectiva artística e audiovisual, indagará acerca das relacións que establecen os nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade cos seus obxectos e xoguetes preferidos.

O acto de presentación abriuse coa intervención da directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, quen destacou “a importancia da implicación da comunidade educativa dentro desta iniciativa, que se caracteriza pola súa capacidade para eliminar barreiras entre centros como a Fundación e a sociedade, facendo que o acceso desta última a determinadas manifestacións artísticas sexa máis doado”.

Pola súa parte, o director do proxecto, José María Mesías, tras agradecer á Fundación Luis Seoane e á Concellería de Culturas a súa implicación no proxecto, explicou que o propósito de Inseparables era “o estudo das características estéticas deses obxectos que fan que os nenos prefiran uns fronte a outros, averiguar cales son as propiedades que os fan atractivos para eles, os vínculos que se establecen con eses xoguetes, artefactos, etc.” Para isto, Inseparables contará coa participación dunha serie de artistas, como Belén Montero e Juan Lesta (Esferobite), a arquitecto Tiffany López, a performer Cristina Montero, o dj Jas Processor e o fotógrafo Guillermo Calviño, que traballarán na Fundación a carón de 15 docentes nunha serie de laboratorios artísticos nos que definirán os puntos principais da metodoloxía que posteriormente, ao longo do mes de outubro, trasladarán aos 300 alumnos dos centros escolares implicados na actividade. Según Mesías, “este proceso non está aínda definido, construiráse a través do intercambio, do traballo en común de mestras e artistas na Fundación, que estes últimos desenvolverán posteriormente en formato de residencias durante o mes de outubro nos centros escolares, durante as que elaborarán unha peza audiovisual. Logo, no mes de decembro, de novo na Fundación, rematará o proxecto coa celebración dunha sesión de Live Cinema, que é unha expresión artística contemporánea que mestura performance con proxeccións audiovisuais e música en directo creada específicamente para este evento. ”

O concelleiro de Culturas do Concello da Coruña, José Manuel Sande, pechou o acto destacando “os elementos enriquecedores da proposta, que van alén do recinto da propia Fundación, como a vinculación de arte e pedagoxía, o que fai que se poida establecer un paralelismo coa figura poliédrica de Luis Seoane, un creador que traballaba en moitos campos diferentes, e que permite á Fundación explorar outras vías de estudo, nun proceso de constante expansión”.

A primeira sesión de Inseparables dará comezo este mércores 13 de setembro na Fundación Luis Seoane.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...