Home » coruna » Currently Reading:

Europe Direct e a Universidade da Coruña organizan un foro para axudar á inserción laboral dos mozos

noviembre 7, 2017 coruna No Comments

O centro oficial de información da Comisión Europea, Europe Direct, pertencente á Deputación da Coruña, organiza en colaboración coa UDC o foro “Xuventude en Movemento”, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos, os vindeiros días 7 e 8 de novembro na Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviña. O prazo de inscrición remata hoxe luns, 6 de novembro, a través da páxina web www.xuventudeenmovemento.eu.

Esta iniciativa da Comisión Europea consistirá nunha serie de obradoiros e seminarios centrados na formación, o emprego e o emprendemento, co obxectivo de informar aos estudantes e titulados sobre as diferentes ferramentas e programas que poden utilizar para mellorar as súas habilidades, coñecementos e oportunidades laborais.

Como facer un bo currículo, as entrevistas de traballo, as lanzadeiras de emprego ou os intercambios internacionais serán algúns dos temas que se abordarán no foro. Ademais, os asistentes recibirán o recoñecemento de 1 crédito universitario para títulos de Grao.

As sesións formativas estarán impartidas por expertos coma Pablo Martínez González, director do SEPIE; Pilar Bonigno, coordinadora da Lanzadeira de Emprego da Coruña, ou Pilar Tamerón, representante da Dirección Xeral de Xuventude.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...