Home » Uncategorised » Currently Reading:

González Formoso considera a Escola Coruña, en Senegal, como un “proxecto emblemático” das accións de cooperación exterior da Deputación

junio 5, 2018 Uncategorised No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial seu homólogo da ONG Ecodesarrollo Gaia, Guillermo Fernández-Obanza, co que analizou o desenvolvemento de distintos proxectos que contan con axuda provincial para o seu desenvolvemento.

Entre eles destaca a Escola Coruña, creada hai quince anos na rexión de Tonghor Yoff-Dakar(Senegal) na que estudan uns 120 nenos e nenas da localidade e que serve ademáis como centro sociocomunitario para a formación de adultos, dispensario de primeiros auxilios e sede da iniciativa “Coruña Cura”, un programa de atención médico-sanitaria despraza cada ano dende Galicia a esta zona a médicos e enfermeiras voluntarios que se ocupan de atender cuestións de saúde e promover hábitos saudables entre a poboación

Fernández-Obanza explicou o funcionamento do centro e agradeceu o apoio da Deputación durante este tempo para crear e facer crecer un centro de referencia, cuxa labor trascende hoxe o ámbito educativo.

O presidente de Ecodesarrollo Gaia comunicou tamén que a ONG ten previsto traer á Coruña á directora do centro o vindeiro outono para dar a coñecer o importante labor que a solidariedade coruñesa está facendo posible nesta rexión senegalesa.

Pola súa banda, González Formoso agradeceu a visita e comprometeuse a seguir mantendo o apoio da institución provincial a “un proxecto emblemático nas políticas de cooperación exterior da Deputación. Un proxecto que nos eche de orgullo porque asocia o nome da Coruña  a accións que cada día  contribúen a mellorar a educación, a saúde e as condicións de vida de centos de persoas”.

A Deputación da Coruña destina este ano 175.000 euros a financiar proxectos de axuda ao densenvolvemento en diversos países de América Latina e África en colaboración con numerosas ONG e asociacións sen ánimo de lucro da provincia.

Ademáis cofinancia actividades como o programa “Vacacións en paz para nenos saharauis ou un programa de acollida temporal durante o verán para nenos da rexión rusa de Briansk, onde aínda seguen patentes os efectos da catástrofe nuclear de Chernobil.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...