Home » coruna » Currently Reading:

González Formoso visita o Club do Mar para coñecer o seu proxecto de humanización do entorno

mayo 10, 2018 coruna No Comments

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou as instalacións do Club do Mar da Coruña, onde se reuniu co novo presidente da entidade, Ángel Garmendia.

González Formoso interesouse pola traxectoria e as actividades desta veterana entidade coruñesa, con 80 anos de historia, e polos plans do Club para ampliar as súas instalacións, humanizar o entorno e mellorar a seguridade e a mobilidade da zona. Un proxecto ambicioso, redactado polo arquitecto Diego Bargiela, e que requiriría da colaboración de diversas administracións para crear unha gran zona verde nunha área agora destinada a aparcamento da que se beneficiarían non só os 3.500 socios e máis de 7.000 beneficiarios do club, senón os 25.000 habitantes do barrio segundo explicou Garmendia.

O proxecto incluiría a cesión dunha parcela propiedade do Club do Mar a cambio dun espazo anexo que permitiría ampliar as instalacións e a instalación dun ascensor que permita conectar o desnivel existente entre o paseo marítimo e a sede da entidade e mellorar a accesibilidade á praia de San Amaro.

O presidente da Deputación comprometeuse a estudar o proxecto e analizar posibles vías de colaboración entre institucións que permitan facelo realidade.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...