Home » coruna » Currently Reading:

Lema salienta a boa acollida do Festival SAL, que na súa primeira edición congregou a máis de 15.000 persoas e despachou 14.000 racións

junio 18, 2018 coruna No Comments

​O Festival SAL pecha a súa primeira edición cunha boa acollida por parte do público, segundo salientou o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, que tamén é presidente do consorcio de Turismo da cidade, ao fío das primeiras estimacións de persoas asistentes, cifradas en máis de 15.000. Ademais, os datos provisionais facilitados polos 21 estabelecementos participantes indican que o venres se serviron preto de 4.000 racións, mentres que o sábado a cifra ascendeu ata superar as 10.000. “A falta dun balance cuantitativo definitivo, as sensacións que nos deixa esta primeira edición é que o festival ten potencial para converterse na referencia culinaria do noroeste peninsular”, indicou o edil.

Lema destaca que moito do público asistente ao festival participou doutras das actividades do festival, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Unhas 700 persoas tomaron parte nos obradoiros e charlas programados, nos que tamén puideron degustar produtos autóctonos. O espazo infantil, no que os nenos e as nenas contaron con actividades e xogos, tivo completo o seu aforo, xa que máis dun centenar de familias inscribiron aos seus pequenos nos obradoiros que se impartiron no espazo e nos que puideron coñecer e xogar con chefs como Pablo Pizarro, Moncho Bargo, Javier Freijeiro, Ángeles Marzo e os cociñeiros e cociñeiras do restaurante estrela Michelin Árbore da Veira. O Mercado da Colleita e a programación musical, que correu a cargo de Hijos de Rivera, principal colaborador privado do festival, tiveron tamén unha moi boa acollida, tal e como indicou o concelleiro.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...