Home » Trafico » Currently Reading:

LOCALIZAN UN VEHÍCULO CIRCULANDO EN SENTIDO CONTRARIO POLA TERCEIRA RONDA

enero 3, 2017 Trafico No Comments

Ás 14:53 horas do 2 de xaneiro, a Central Operativa do 092 requiriu a unha patrulla da Policía Local para que se traslade á Terceira Ronda, á altura da zona de Lonzas, onde ao parecer, un vehículo circulaba en sentido contrario ao estipulado. No lugar, a dotación comprobou como un vehículo estaba a circular pola beirarrúa polo que o interceptaron. O condutor, un home de 69 anos, explicou á dotación que a súa intención era ir a Carballo e recoñeceu que circulara co seu vehículo en sentido contrario ao estipulado, pero que non vira ningunha sinalización que llo prohibise. A patrulla dará traslado do seu informe á Xefatura Provincial de Tráfico por se fose oportuno realizar unha revisión extraordinaria ao condutor do vehículo, que conta co permiso de conducir da clase B en vigor até xuño de 2017.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...