Home » coruna » Currently Reading:

Máis de 200 alumnos e alumnas da cidade solicitaron participar nos cursos de inmersión lingüística Idiomas do Mundo, que terán lugar este verán en cinco destinos de Europa

junio 8, 2017 coruna No Comments

Máis de 200 estudantes de toda A Coruña solicitaron participar este ano no programa municipal de inmersión lingüística, Idiomas do Mundo, destinado a rapaces a rapazas que cursan 4o de ESO ou Primeiro de Bacharelato. Trátase da segunda edición dun programa posto en marcha pola Concellería de Xustiza Social e Coidados que ofrece 80 bolsas para que o alumnado da cidade poida pasar unha estadía de catro semanas durante os meses estivais en Irlanda e Reino Unido, Portugal, Francia, e Alemaña e Austria co obxectivo de afondar no estudo dos idiomas inglés, portugués, francés e alemán. En concreto, das 203 inscricións realizadas, 174 foron as que pasaron a criba inicial, cumprindo todas as persoas solicitantes os requisitos requiridos nas bases de participación. “A nosa previsión é poder facer público ao longo da próxima semana a listaxe definitiva de rapaces e rapazas que se beneficiarán destes cursos lingüísticos”, explicou Cameán, que recordou que “os criterios de progresividade serán fundamentais á hora de escoller as persoas beneficiarias”.

A titular de Xustiza Social salientou ademais que este ano o Concello percibiu moitas máis solicitudes de participación que o pasado, cando se levou a cabo a primeira edición deste programa. “As solicitudes admitidas este ano son 174, fronte ás 116 do ano pasado”, destacou, á vez que recordou que “á marxe de Idiomas do Mundo, o Concello ten outros programas que buscan que a nosa veciñanza teña a posibilidade de poder aprender idiomas estranxeiros nos países de orixe”, dixo, en alusión ás bolsas Junior Year ou aos programas Acore Europa, para prácticas de Formación Profesional do estranxeiro.

A Concellería de Xustiza Social repartirá bolsas de carácter total –destinadas a aqueles e aquelas participantes seleccionadas cuxas familias non superen os 9.000 euros de renda per cápita–, así como bolsas parciais. Nestas, o Concello asumirá un máximo do 95% e un mínimo do 5% do custo total das prazas do alumnado subvencionado que supere os 9.000 euros anuais de renda. As porcentaxes variarán en función da renda per cápita. Á hora de escoller, de entre todas as persoas solicitantes, aos e ás beneficiarias das bolsas de Idiomas do Mundo, o departamento de Xustiza Social insistiu na necesidade de primar “non só o expediente académico, senón tamén a situación de renda das familias”, de forma que “dende as institucións públicas se prime, realmente, o acceso de toda a poboación a unha educación pública de calidade”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...