Home » Uncategorised » Currently Reading:

Máis de mil actores e actrices participan no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

junio 15, 2018 Uncategorised No Comments

O XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña chega a seu fin este venres 15 de xuño coa celebración da gala de clausura no Teatro Colón que contará coa participación da compañía Pista Catro e a actriz Isabel Risco. Máis de mil actores e actrices participaron neste concurso que é o máis multitudinario dos que se desenvolven na escena galega.

Un total de 1033 actores e actrices de todas as idades participaron nas 62 obras que concursaron no XXI Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña que chega este venres día 15 de xuño ao seu fin coa gala de clausura que terá lugar de 20:00 a 22:00 no Teatro Colón.

Compañías de asociacións culturais, escolas de teatro, colexios e centros de ensino medio ou grupos universitarios son algúns dos colectivos que participan no certame de Teatro Escolar e Afeccionado que é un dos de maior tradición dos existentes, chegando xa a vixésimo primeira edición. Tres colectivos con diversidade funcional participan tamén no certame e serán recoñecidos na gala de clausura en que se darán cinco premios a cada unha das cinco categorías e cinco accésits. Ademais, concederanse premios individuais á dirección artística, mellor texto adaptado, mellor texto orixinal e mellor actuación principal e de reparto.

A gala estará presentada pola actriz Isabel Risco e contará coa participación da compañía Pista Catro. Actores e actrices profesionais vinculados ao teatro e audiovisual galegos entregarán os distintos premios do certame ao que tamén asistirá a deputada Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade , Ánxela Franco.

Comment on this Article: