Home » coruna » Currently Reading:

Máis de vinte profesionais reúnense este sábado no Teatro Colón arredor do futuro das artes escénicas galegas

junio 9, 2018 coruna No Comments

Profesionais da interpretación, da dirección, da dramaturxia ou da iluminación participan na xornada “A escena galega no palco do Colón” que se desenvolve este sábado día 9 no Teatro Colón da Coruña, organizada pola área de Cultura da Deputación da Coruña. A xornada forma parte do programa #ACulturaéunDereito e está aberta ao público.

Intervencións e debates máis tamén pezas de teatro ao vivo compoñen o programa da xornada “A escena galega no palco do Colón” que inaugurará ás 10 horas a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e a coordinadora da xornada, a directora e profesora Cristina Domínguez.

Axornada “A escena galega no palco do Colón: Os procesos de creación nas artes escénicas na Galicia do século XXI” contará coa participación de profesionais e persoas creadoras das diferentes disciplinas escénicas e de distintas xeracións e propostas artísticas como Carlos Neira, Daniel Salgado, Carlos Sante, Baltasar Patiño, Areta Bolado, Xulio Lago, Patricia Lorenzo, Olga Cameselle, Tatán, Laura Iturralde ,Afonso Becerra, Esther Carrodeguas, Tito Asorei, Gena Baamonde, Quico Cadaval ou Ruth. O encontro contará tamén coa presentación dos traballos máis recentes de Elefante Elegante, Caramuxo, Prácido Domingo e Manicómicos.

O primeiro dos eventos programados será a conversa “Os procesos creativos na ensinanza das artes escénicas”, unha charla en que os directores Carlos Neira, Daniel Salgado e Carlos Santepartillarán baixo a moderación da tamén directora de escena, Irene Moreira, sobre as metodoloxías de aprendizaxe e a situación do centros de ensino do mundo da escenografía.

De seguido, o iluminador e deseñador de espazos escénicos, Baltasar Patiño, e a escenógrafa, Laura Iturralde, serán entrevistados polo dramaturgo, Afonso Becerra, quen se encargará de dirixir o diálogo “A creación de espazos sonoros e visuais como ferramenta dramatúrxica” en que se afondará sobre o carácter fundamental da linguaxe visual na posta en escena.

En terceiro lugar, a actriz Areta Bolado, e o director Xulio Lago, manterán unha conversa sobre as diferentes “Narrativas escénicas”, en que confrontarán dúas formas de comprender a contrucción do relato escénico contemporáneo.

Xa en horario de tarde, unha mesa redonda integrada por persoas profesionais da interpretación abordarán a función creativa que deben desenvolver os actores e actrices nos procesos de creación escénica. Unha cuestión que se atopa en continúo cuestionamento e redefinición na actualidade, e que será a grande protagonista da conversa que manterán a actriz, Patricia Lorenzo, o titiriteiro, Eduardo Alberto Rodríguez ‘Tatan’, a coreógrafa e actriz, Olga Comesellee o actor, Pablo Reboleiro, coa moderación da dramaturga, Esther Carrodeguas.

Como peche deste bloque inicial de debate, as persoas profesionais da dramaturxías, Tito Asorei, Gena Baamonde,Quico Cadavale Ruth Balbís,conversarán sobre os diferentes xeitos de tecer a estrutura dramatúrxica dunha peza e se está debe partir dos materiais textuais, do deseño do movemento escenicó, ou da mestura de mabas formas.

Un espazo de exhibición

Tras analizar e compartir as experiencias dos creadores/as das diferentes disciplinas escenográficas, o segundo segmento da xornada “A escena galega no palco do Colón” deixará paso a un espazo de exhibición en que catro compañías teatrais presentarán o público un adianto dos seus derradeiros espectáculos en espazos non convencionais –para a interpretación- do Teatro Colón.

Nomeadamente, as compañías de teatro Elefante Elegante, Caramuxo Teatro, Prácido Domingo e a Asociación cultural Manicómicosexhibirán os seus traballos máis recentes.

Máis información e inscrición na xornada na seguinte ligazón: http://aculturaeundereito.gal/Inicio.php

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...