Home » coruna » Currently Reading:

Marcela e Elisa centran a conmemoración do Día das Diversidades Sexuais da Deputación da Coruña

junio 23, 2018 coruna No Comments

A figuras de Marcela e Elisa, as primeiras mulleres que casaron, centrarán o programa de actividades do Día da Diversidade Sexual da área de Igualdade da Deputación da Coruña que se iluminará das cores da bandeira do arco da vella do movemento LGTBIQ.

O día 28 de xuño conmemórase o Día das Diversidades Sexuais que nesta edición a área de Igualdade da Deputación da Coruña centra na figura de Marcela e Elisa, protagonistas do primeiro matrimonio entre mulleres, sobre as que xirará o acto que se desenvolverá o 26 de xuño ás 19 horas na Biblioteca Provincial. O profesor da Universidade da Coruña, Narciso de Gabriel, autor do libro “Elisa e Marcela. Alén dos homes”, as participantes da compañía Panadería, autoras da obra “Elisa e Marcela. Unha historia que parece conto” e o cantante e escritor Xurxo Souto participarán nesta xornada que a área de Cultura da Deputación da Coruña convoca na conmemoración do Día das Diversidades Sexuais.

Ademais, a sede institucional da Deputación da Coruña iluminarase coas cores da bandeira do Orgullo LGTBQI nunha xornada en que no edificio institucional se instalará un posto con información e materiais divulgativos na defensa da igualdade e a non discriminación de ningunha identidade sexual.

A responsábel da área de Benestar Social e Igualdade, Ánxela Franco, anuncia ademais que a Deputación “ten previsto programar unha serie de actividades de cara o vindeiro curso escolar arredor das diversidades sexuais”. Lembrou que, desde a área que dirixe, insístese en promover “actividades e programas que contribúan a construír a igualdade desde a infancia e a mocidade e, neste sentido, activaranse novas iniciativas que traballen na eliminación da discriminación e na promoción de tolerancia e respecto”.

A Deputación ofrece ademais diversos materiais relativos ao Día do Orgullo LGTBQI que están ao dispor na páxina web e no facebook co obxectivo de que poidan ser descargados polos concellos ou entidades para o seu uso.

Comment on this Article:

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...