Home » coruna » Currently Reading:

María García chama á corresponsabilidade cidadá sobre a xestión de residuos na praia durante o San Xoán “para acadar unha celebración máis sustentable”

Junio 15, 2017 coruna No Comments

A concelleira de Medio Ambiente, María García, participou no Mercado Municipal da Praza de Lugo na actividade Peixería 2050, unha nova iniciativa de enmarcada na campaña de concienciación ambiental Móllate!, que ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía, en especial á xente moza, sobre a xestión de residuos na festa de San Xoán para acadar así unha celebración máis sustentable. O programa, posto en marcha polo Goberno municipal o ano pasado, “supón que por vez primeira o Concello da Coruña pon o foco de atención neste eido da festa, un evento do que a veciñanza se sente especialmente orgullosa, pero que tamén provoca un grande impacto no medio sobre o que se debe traballar”, lembrou a edil, quen sinalou que esta campaña “se realiza cun dos grupos de poboación máis activos no San Xoán, como é a mocidade, a que tamén está especialmente sensibilizada co tema dos residuos que rematan no mar”. “Móllate! desenvólvese durante todo o ano nos distintos centros escolares da cidade, co obxectivo que as e os estudantes da Coruña se corresponsabilicen e lideren este proceso de sensibilización de cara ao resto da veciñanza, mentres contan co apoio do seu Concello”, explicou a edil.

O eixo central da campaña nesta edición parte das conclusións do estudo A nova economía dos plásticos presentado no Foro Económico Mundial de Davos, “que sinala que, de seguir a este ritmo, no ano 2050 habería no mar máis masa de plástico que peixe”, explicou García, “polo que o alumnado decidiu levar a cabo esta mañá unha acción de sensibilización nun enclave especial, como é o mercado municipal con venta de sardiña de cara ao San Xoán”. Así, as e os estudantes instalaron nun dos postos baleiros unha peixería do ano 2050, na que substituíron os peixes por sardiñas de plástico, para chamar a atención da veciñanza “sobre o necesario cambio de hábitos, tanto nesta festa, como na vida en xeral, para favorecer un futuro máis sustentable”, sinalou a edil.

Aínda estamos a tempo de evitar que as sardiñas que merquen os teus fillos e fillas sexan coma estas , foi unha das mensaxes que as rapazas e rapaces empregaron nesta acción de sensibilización, na que explicaron ás usuarias e usuarios dos mercados datos como os anos que unha botella de plástico que acaba no mar tarda en desintegrarse –500 aproximadamente–. “Facemos un chamado á corresponsabilidade cidadá para evitar que cheguen máis residuos ao mar”, sinalou García. “Coidar a praia e recoller todo o lixo este ano é máis importante aínda, se cabe, xa que coas mareas vivas todas as botellas, plásticos e bolsas que non se baixen á praia e non se recollan acabarán irremediablemente no mar”, aseverou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...