Home » coruna » Currently Reading:

Mobilidade inicia hoxe o operativo de sinalización das terrazas das 34 rúas da zona centro afectadas pola regulación específica que garante o dereito á accesibilidade

Junio 14, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Mobilidade Sostible, dirixida por Daniel Díaz Grandío, inicia hoxe, mércores 14 de xuño, as tarefas de sinalización das terrazas de hostalería de 34 rúas da zona centro da cidade de alta concentración hostaleira e afectadas pola ordenación singular aprobada pola Xunta de Goberno local o pasado 2 de xuño. As actuación de marcaxe –que se acometen logo da recente adxudicación do contrato do servizo de inventario, cartografía e sinalización das terrazas– iniciaránse nas rúas Troncoso e Rego de Auga, e a previsión é que estean culminadas nun período de 15 días.

“Mañá iniciamos de forma efectiva un proceso no que levamos moito tempo traballando e que é fundamental para regular o ordenamento do espazo público”, explicou o concelleiro Díaz Grandío. “Aplicar o ordenamento singular das terrazas das rúas peonís situadas no ámbito do plan de especial protección de Cidade Vella e Pescadería e adxudicar o contrato de sinalización posibilitan que este verán as rúas da zona centro da cidade con ampla concentración hostaleira teñan o seu espazo regularizado, permitindo, en calquera caso, garantir o dereito da cidadanía á accesibilidade e á asistencia sanitaria de urxencia”, destacou o edil, que supervisará na xornada de mañá o inicio das actuacións que serán levadas a cabo nun proceso no que se manterá informados e informadas en todo momento aos e ás hostaleiras.

Ademais de Capitán Troncoso e Rego de Auga, as rúas nas que se procederá á marcaxe do espazo das terrazas en base á aplicación do ordenamento singular aprobado en Xunta de Goberno son Alameda, Arévalo, Travesías das Hortas, Estrela, Mantelería, Olmos, Galera, Arco, Boquete de San Andrés, Álvaro Cebreiro, Travesía da Mariña, Agar, Luchana, Fama, Real, Torreiro, Travesía da Estreita de San Andrés, Travesía de Cordonería, Barreira, San Nicolás, Bailén, San Agustín, Florida, Franxa, Ángel, Oliva, Trompeta, Marqués de Cerralbo, Travesía de Porta de Aires, rúa Real e caleixón da Estacada.

Ordenamento singular

Segundo a aplicación do ordenamento singular, nas rúas peonís cun ancho de vía superior aos 6 metros deixarase un itinerario peonil mínimo e libre de obstáculos de 3 metros, sendo a ocupación máxima do ancho de vía permitida de menos do 50%. Por outro lado, nas rúas cun ancho de entre 2,5 e 6 metros deixarase un itinerario peonil libre de obstáculos de 2,5 metros, de forma que se permita o paso de vehículos de emerxencia e outros autorizados. Nas rúas peonís cun ancho de entre 1,80 metros e 2,5 metros deixarase un itinerario peonil libre de obstáculos de 1,80 metros, non sendo posible instalar terrazas nas rúas peonís con ancho inferior aos 1,80 metros.

Con todo, este ordenamento ampliará o abano de posibilidades para o emprazamento das terrazas de cara a facilitar que non só poidan ampliar o seu espazo á area colindante na que se atopan, senón tamén ás zonas enfrontadas, no caso de que conten coa autorización dos ou das propietarias. En canto ao mobiliario autorizado, a dimensión dos parasoles non poderá superar o espazo autorizado mentres, no que atinxe aos toldos, só se permitirá a colocación daqueles que conten con licenza urbanística e, igualmente, sen saír do espazo acoutado.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...