Home » coruna » Currently Reading:

O Ágora acollerá un espectáculo aberto á veciñanza “para propiciar unha reflexión crítica sobre os modelos afectivos a través do humor”

diciembre 15, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Igualdade e Diversidade impulsa unha actividade para achegar, a traves dun espectáculo de teatro clown, unha crítica sobre o modelo afectivo sexual “predominantemente interiorizado pola poboación”. Sex o no Sex, que así se denomina a peza, é un traballo que se presenta, en clave de humor e tenrura, cuestións relativas á sexualidade, as relacións humanas así como a relación co propio corpo a través da personaxe de Pauxa, unha pallasa interpretada pola actriz e contacontos Virginia Imaz. Así, a protagonista, a través dunha delirante representación, compartirá co público as súas cavilacións arredor de temas como a menstruación, o primeiro bico, o coito ou o orgasmo. Tal e como destaca a edil de Igualdade, Rocío Fraga, “trátase dunha proposta lúdica que toma como referente os nosos hábitos en relación ao sexo, e na que a perspectiva de xénero ten un papel fundamental”. “A proposta quere propiar unha reflexión crítica, por parte do público, sobre o modelo afectivo sexual interiorizado, predominantemente masculino, heterosexual, centrado na xenitalidade e na culpa polo carente de mensaxes positivos e pouco saudables”, sinala a responsable municipal.

O espectáculo forma parte das actividades de educación afectivo sexual do programa Coruña Educa , dirixido en particular ao alumnado de 4o da ESO, Bacharelato e Formación Profesional de grao medio dos centros educativos públicos do termo municipal, polo que contará con representacións para o alumnado coruñés en horario matinal. Porén, co obxectivo de achegar á veciñanza esta proposta lúdica que toma como referente hábitos en relación ao sexo, e na que a perspectiva de xénero é parte fundamental, o centro Ágora ofrecerá funcións de Sex o no Sex abertas ao público maior de 14 anos. As representacións terán lugar os días 18 e 19 de xaneiro, ás 20.00 horas, e as entradas pódense retirar desde hoxe a través da web www.ticketea.com .

A Concellería de Igualdade e Diversidade lembra que todos aqueles centros escolares interesados asistir ás representacións matinais, poden solicitalo a través da páxina web municipal http://edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2017_2018/programas_educativos_doutros_servizos_municip ais/educacion_pola_igualdade/educacion_afectivo_sexual/espectaculo_de_teatro_clown_sex_o_n o_sex

Comment on this Article:







*