Home » Trafico » Currently Reading:

O alcalde avanza que o 2017 será “un ano clave para a mobilidade da Coruña”, coa reformulación das liñas de bus e novidades na planificación do tráfico

octubre 16, 2016 Trafico No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou este venres a aposta do Goberno local por un movo modelo de mobilidade, durante a súa intervención no acto de entrega á Compañía de Tranvías dos certificados de calidade Aenor –a Asociación Española de Normalización e Certificación– en distintas modalidades, onde adiantou que en próximas datas haberá “novidades importantes nesta materia, que afectarán de forma positiva aos veciños e veciñas”. Neste sentido, avanzou que o 2017 será “un ano clave para a mobilidade, xa que será o ano no que se leve a cabo a reformulación do mapa de liñas do bus da cidade”, e indicou igualmente que nos próximos meses haberá tamén novas en relación á planificación da mobilidade urbana, na liña dos estudos xa realizados. Do mesmo xeito, o primeiro edil confirmou que o Goberno local estuda a posibilidade de rebaixar o billete do bus urbano o ano que vén. “Intentaremos que o bus custe, como moito, o mesmo que custa este ano, e se podemos rebaixar o billete, rebaixalo. Hai que facer os cálculos da tarifa, pero a nosa intención e que non suba e, se se pode, que baixe”, constatou, sinalando que o próximo mes de novembro o equipo de Goberno trasladará á compañía a súa proposta.

unnamed

O alcalde foi un dos intervintes no acto desta mañá, onde se escenificou a concesión dos recoñecementos de calidade Aenor ao servizo de transporte urbano da Coruña en distintas modalidades, como son o de accesibilidade universal, seguridade e saúde no traballo, xestión ambiental, calidade e prestación de servizo de transporte público de persoas viaxeiras, ademais da renovación do recoñecemento de seguridade vial, despois de ter superado de xeito favorable as auditorías e revisións da entidade, unha sesión na que tamén estivo presente o concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, así como o presidente da Compañía de Tranvías, José Prada, o director da mesma, José Ignacio Prada, e o director de Aenor en Galicia, Martín Pita. No curso do mesmo, Ferreiro reafirmou a aposta do equipo de Goberno coruñés por “unha rede de transporte áxil, que sexa cómoda, fiable e eficiente para todos os e as usuarias” como “a mellor ferramenta para lograr sacar coches das rúas e facelas máis seguras e amables para as persoas”.

Cámaras da Mariña

Por outra banda, e en relación á colocación de cámaras que estes días se ultima na superficie da Mariña, o concelleiro de Mobilidade Sostible explicou que a súa instalación supón “a culminación dunha das fases de control mediante cámaras da zona con tráfico restrinxido e prioridade peonil”. “As cámaras xa están ubicadas nunha situación que permite a lectura das matrículas nos dous puntos de restrición do tráfico”, indicou, remitíndose á zona da Autoridade Portuaria e, no outro extremo, á do hotel Finisterre. Como tamén avanzou, nas próximas semanas porase en marcha unha nova fase, que comezarán por poñer a proba o sistema, “facendo lecturas de matrícula sen ningún tipo de sanción e aínda coa permanecencia dun dispositivo policial”, para, a continuación, avanzar e que as cámaras “fagan o seu labor de xeración de evidencias, que pasarán por unha revisión dos axentes da sala de tráfico, e se confirmará ou non a sanción”. Nese momento, indicou, retirarase o dispositivo presencial.

A preguntas dos medios de comunicación, o responsable municipal apuntou tamén que resto de cámaras instaladas na cidade dentro do piloto de Smart City ‘ITS Optimización do Tráfico’ xa están operativas na actualidade, se ben “só xeran evidencias, pero non denuncias”. “O software e hardware deste sistema está funcionando a modo de proba, vendo en que punto pode haber marxes de mellora, o proxecto está operativo e en fase de probas”, puntualizou.

<

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...