Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde confía en “desbloquear a ubicación do futuro equipamento sanitario da zona centro” na reunión que manterá nos próximos días co conselleiro de Sanidad

enero 27, 2018 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, anunciou que, ao longo da semana que vén, está previsto que manteña unha reunión co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, co obxectivo de desbloquear o proxecto do futuro centro de saúde na zona centro da cidade de forma que, en ningún caso, o novo equipamento poida acometerse e dar “o servizo sanitario que merece este barrio” sen prexudicar ao mercado de Santa Lucía e a súa próxima rehabilitación. “Onte puiden falar xa con conselleiro e quedamos en vernos a próxima semana para ver se chegamos a un acordo. Creo que na entrevista que mantivemos o pasado decembro iniciamos un camiño de diálogo, baseándonos nos intereses comúns de todas as partes. Todos e todas queremos mellorar a cobertura sanitaria desta zona da cidade, mellorar as condicións do mercado de Santa Lucía e, se podemos, á vez, dotar á veciñanza deste barrio de novos equipamentos comunitarios, como pode ser un centro cívico”, comentou o primeiro edil, quen engadiu que “non obstante, isto require unha postura distinta á que vimos onte no Parlamento de Galicia por parte do PP”. “A conversa que mantivemos a finais do ano pasado co conselleiro de Sanidade, á marxe do que ocorreu onte na Cámara galega, foi positiva, polo que o meu desexo é que, dunha vez por todas, poidamos desbloquear este asunto a semana que vén”, indicou.

Igualmente, o alcalde da Coruña incidiu na vontade de diálogo que amosa e sempre amosou o goberno municipal. “Dende o primeiro momento puxemos enriba da mesa todas as facilidades para que a cidade conte cun centro de saúde á altura das necesidades da xente, aínda que iso, dende logo, non a costa do mercado de Santa Lucía, ou a costa de restrinxir os usos de mercado a un subterráneo”, recordou Ferreiro. “Estamos a dar as máximas facilidades, porque non podemos ir en contra, nin dos intereses da veciñanza nin do Sergas, que xa bastantes problemas ten en toda a cidade, como estamos a ver estes días coa situación das Urxencias ou a cobertura sanitaria en Novo Mesoiro”, exemplificou. “Cremos que o mercado de Santa Lucía está chamado a ser un centro de dinamización do barrio, ademais dun gran espazo de abastos. O goberno local ten xa redactado un anteproxecto e, senón lle dimos para adiante, é porque o que queremos, dunha vez por todas, resolver a cuestión de se o centro de saúde se pode ubicar aí, sen prexudicar os servizos do mercado, ou noutro espazo do barrio. Penso que isto dá unha mostra da vontade de diálogo que ten o goberno local, así como o desexo de chegar a unha solución o máis axiña posible”, dixo.

Por outro lado, o rexedor deu conta dos principais acordos aprobados este venres pola Xunta de goberno local, entre os que destaca a incorporación ao patrimonio municipal de 90.000 metros cadrados de solo no ámbito da Maestranza que, até o de agora, estaban en mans do Ministerio de Defensa e que formaban parte dun convenio firmado entre o Concello e este departamento gubernamental en 1984. A reunión do executivo municipal deu luz verde hoxe á recepción destas 17 parcelas, comprendidas entre a Comandancia de Obras e o antigo hospital militar, logo de que a pasada semana o propio alcalde firmase a acta de entrega co director do Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento de Defensa (INVIED). “Coa aprobación en Xunta de goberno da recepción destes terreos estamos a falar do último paso necesario para a blindaxe do uso e xestión pública destes terreos”, comentou, á vez que recordou que a cesión servirá, no caso das naves da Comandancia de Obras –onde o goberno local pretende levar a cabo un proxecto para dar resposta ás necesidades de equipamentos e espazos públicos para a mocidade–, para que os terreos pasen de ter consideración de Ben Patrimonial a Ben de Dominio Público, o mesmo que as prazas e os parques, “o que supón a maior blindaxe que pode ter unha parcela pública”.

Licenzas

O alcalde tamén deu conta, entre outros acordos da Xunta de goberno local, do informe relativo a licenzas e demais títulos habilitantes tramitados pola Concellería de Rexeneración Urbana nas dúas semanas. Entre o 10 e o 23 de xaneiro resolvéronse un total de 128 expedientes, dos cales 28 corresponden a licenzas urbanísticas, 58 a comunicacións previas ao inicio de obras, 39 son comunicacións previas ao inicio de actividade ou apertura de establecemento e as tres restantes correspónndense cunha denegación, unha desestimación de recurso de reposición e unha cesión.

Ordenanzas fiscais

Por outro lado, o goberno local segue na liña de introducir modificacións nas ordenanzas municipais “para que fomenten non só a igualdade, senón que se baseen en principios de xustiza redistributiva e que faciliten á poboación o uso dos espazos públicos, ao alcance de todos e de todas”, como explicou Ferreiro. Neste sentido, a Xunta de goberno aprobou esta mañá unha serie de modificacións que serán debatidas na comisión de Facenda antes de ser enviadas ao Pleno municipal. O goberno local propón a modificación da ordenanza número 16, reguladora das taxas de prestación de servizos nos museos e outras instalacións culturais, para reducir nun 12,7% as tarifas da Escola Municipal de Música o próximo curso. Tamén se pretende eliminar as distincións das taxas segundo o lugar de residencia do alumnado. “Isto entronca directamente coa nosa perspectiva metropolitana, dunha Coruña que non remata na ponte da Pasaxe”, apuntou o alcalde. Ademais, o Concello asumirá o custo da actualización anual das taxas, o que se traducirá nun aumento do importe que anualmente destina á Escola de Música até os 364.673,30 euros. Con esta modificación da ordenanza regularase tamén a tarxeta turística Coruña Card, co fin de optimizar o seu uso. Estes cambios na ordenanza foron negociados co PSOE, como explicou o primeiro edil que espera, indicou, o apoio do grupo socialista no Pleno.

Do mesmo xeito, abordouse a proposta de modificación da ordenanza número 44, que regula o prezo público polo uso de espazos xestionadas polo IMCE, como son o Fórum Metropolitano, Ágora, o Coliseum e o teatro Rosalía de Castro. Os cambios permitirán “simplificar e axilizar” a cesión dos recintos para as entidades que organizan actividades, especialmente aquelas de “tipo cultural ou benéfico con carácter gratuíto”.

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: