Home » Deportes » Currently Reading:

O alcalde destaca o apoio do Goberno local as entidades deportivas coruñesas que traballan a prol do deporte de base, “ferramenta fundamental para fomentar a igualdade”

septiembre 24, 2016 Deportes No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, reafirmou no Pazo de María Pita o apoio do Goberno municipal as entidades deportivas da cidade. O rexedor manifestou o compromiso do executivo coruñés cos clubs locais durante a recepción das e dos atletas coruñeses que obtiveron medallas no pasado Campionato de España, e na que afirmou que, “cooperando a prol das novas xeracións e da nosa mocidade, poderemos seguir celebrando éxitos como os que hoxe festexamos neste salón”, dixo. Nesta liña, incidiu na relevancia do deporte base, “unha etapa fundamental na vida deportiva á hora de transmitir valores como igualdade, solidariedade ou compañeirismo”. “Hai que coidalo e apostar por el desde a súa idade máis temprana, e fomentar a súa visión máis lúdica, pedagóxica e saudable. A Coruña ten canteira, como vemos nas carreiras populares e nos torneos infantís, e este Goberno está comprometido co futuro desta cidade”.

unnamed

O primeiro edil coruñés felicitou a Anxo Blanco, Eugenia Gil, Paula Iglesias, Mauro Tirana e Imanol Loureiro “por por todo o que representades para a Coruña, por todos os valores dos que sodes exemplo para as nosas veciñas e veciños co voso esforzo e entrega”, e fixo fincapé no deporte como ferramenta a prol da igualdade. “Nas pasadas olimpiadas, vimos o gran papel que realizaron as mulleres do equipo estatal. Elas foron as protagonistas polo seu esforzo, a súa dedicación, e demostraron que o seu papel no mundo do deporte é un feito incontestable. Ruth Beitia no atletismo. Mireia Belmonte e Teresa Perales na natación. Antes foron Teresa Portela, Sofía Toro ou Teresa Echegoyen, e hoxe sodes vós”, dixo en referencia a Eugenia Gil e Paula Iglesias, “a proba de que a repercusión social e cultural da actividade deportiva alcanza todos os niveis, a todas as xeracións e si: pode e debe mudar as cousas”.

“Hoxe celebramos que o deporte, desde abaixo e cara arriba, seguirá cambiando, para mellor, a nosa sociedade. E seguiremos apoiando as nosas e aos nosos atletas locais, para que poidan seguir entrenando e participando en todas as citas que se propoñan”, incidiu o rexedor.

Neste sentido, Ferreiro destacou que o Goberno local xa está a traballar coa Universidade da Coruña para poñer en marcha o proxecto de mellora das pistas de atletismo do Campus de Elviña, “unha medida contemplada nos orzamentos de 2016 e que se executará nos vindeiros meses”. “A idea deste Goberno é poñer as pistas ao día, e que poidan empregalas non só as e os deportistas universitarios, senón tamén todas e todos os atletas locais que as necesiten para o seu entrenamento”, sentenciou o alcalde.

Comment on this Article:







*