Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde fixa como obxectivo para o final deste mandato “conseguir unha rebaixa nas tarifas do transporte público e lograr unhas mellores condicións para as persoas usuarias”

Junio 18, 2017 coruna No Comments

O alcalde, Xulio Ferreiro, avanzou reto do Goberno local de conseguir unha concesión de transporte público “que estea adaptada á realidade e máis económica para a cidadanía”. “O noso obxectivo, e creo que o imos conseguir, é que a final deste mandato teñamos un transporte público que sexa máis beneficioso en termos de custo, tanto para o Concello como sobre todo para as persoas usuarias”, manifestou o rexedor, no curso dunha intervención nun espazo de Radio Coruña-Cadena Ser no que participou para facer balance dos primeiros dous anos de mandato. Preguntado sobre a caducidade da concesión da Compañía de Tranvías, Ferreiro recordou que o Goberno local declarou a caducidade en aplicación do regulamento comunitario. “Aplicámolo, pero aínda así fixemos unha consulta a Bruxelas para comprobar se a nosa forma de entendelo era a correcta, e a Comisión Europea dixo que si, que o que estabamos facendo era o que tiñamos que facer e a actuación correcta”, sinalou, recordando que o Goberno local declarou, en novembro do ano pasado e de acordo coa normativa europea, a caducidade da concesión e a prórroga por dous anos máis, “para poder licitar o novo servizo”. Como explicou, a partir de aí, o propio regulamento abre dúas opcións, como son volver a licitar o transporte público ou pedir a Bruxelas unha autorización para que continúe a compañía que está actualmente até 2024. “Trátase dunha autorización que é excepcional e que ten que ser expresa, e o Goberno local o que pode facer é pedila. Plantearémonos facelo se conseguimos adaptar as prestacións do servizo ao novo regulamento, o que ten que implicar necesariamente unha rebaixa nas tarifas do transporte público ou un aumento dos beneficios sociais dese transporte público, é dicir, lograr unhas mellores condicións para os viaxeiros e as viaxeiras do transporte público, porque ese sería tamén o resultado dunha nova licitación”, observou Ferreiro, que marcou como obxectivo acadar a final deste mandato “un transporte público que sexa máis beneficioso”, sexa pola vía da autorización e a continuidade da actual compañía concesionaria ou ben pola vía dunha nova licitación.

Tal e como deixou patente durante a súa intervención, a mobilidade é, para o Goberno municipal, “unha cuestión que terá moita importancia nos próximos dous anos e na que xa se están dando pasos, tanto en relación a ter unha concesión do transporte público adaptada á realidade e máis económica para a cidadanía, como noutras formas de mobilidade”. “O Goberno lanzou un pacto pola mobilidade, e está traballando en colaboración coa entidade que máis sabe de mobilidade urbana, diría que de Europa, que é a Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona, para dar pasos cara a un modelo máis amable, menos dependente do vehículo privado, que nos faga vivir nunha cidade máis cómoda e máis confortable para a xente, un camiño que non se agora nin un mandato nin en dous, senón que é un modelo que noutras cidades aplicouse con grandes resultados, caso de Vitoria ou de Barcelona; creo que cara aí hai que camiñar”, incidiu.

No curso do seu balance, Ferreiro destacou tamén medidas postas a andar nestes dous primeiros anosdegobernonaCoruña, entreelasaRendaSocialMunicipal,unhainiciativa“moiimportante e que xa está axudando a case cen familias”, as políticas culturais ou tamén as turísticas a través do Plan Estratéxico de Turismo, que se presentará en breve, “para situar a cidade no nivel no que ten que estar”, ademais de facer mención a algunhas das accións en materia ambiental como o Plan de Vertido Cero posto en marcha polo Goberno local ou ás políticas de participación. “Creo que en xeral o balance é positivo e que neste tempo sentáronse ás bases para os próximos dous anos, e a acción de goberno vaise ver moito máis a partir de agora”, valorou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...