Home » Uncategorised » Currently Reading:

O alcalde salienta a figura “daquelas persoas que marchan deixando futuro” no descubrimento, na rúa da Franxa, da placa en homenaxe a Moncho Valcarce

febrero 2, 2018 Uncategorised No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu o acto de homenaxe á figura de Moncho Valcárce, que consistiu no descubrimento dunha placa á altura do número 20 da rúa da Franxa, sede actual dos servizos económicos municipais e casa natal do histórico activista. O evento, que coincide co 25 aniversario do seu pasamento, contou coa participación de representantes da Irmandade Moncho Valcarce, que solicitou á administración municipal a colocación do distintivo, ademais de familiares do Cura das Encrobas, concelleiros e concelleiras da Corporación municipal e cidadanía en xeral.

Ferreiro salientou a figura de Valcarce como “símbolo das voces pequenas que se unen e se fan escoitar sobre as grandes, da defensa das liberdades e da reivindicación dos dereitos fronte a represión”. “Moncho Valcarce é desas persoas que marchan deixando tras de si unha sociedade máis xusta da que atoparon. Moncho, do mesmo xeito que Domingos Merino, a quen hoxe choramos, é desas contadas persoas que marchan deixando futuro tras de si”, comentou. “Nunha cidade que adoeceu durante moito tempo de manter estatuas e honras a aqueles cuxo recordo se basea só na dor que causaron, é un acto de xustiza e recoñecemento que dende hoxe contemos cunha placa en recordo de Valcarce”, dixo.

Ao fío, o alcalde salientou que o acto se produce “xusto un día despois de que no Concello da Coruña se constituíse o Consello Municipal da Memoria Democrática, órgano que traballará pola verdade, a xustiza e a reparación, así como garantirá o cumprimento da Lei de Memoria Histórica”.

Comment on this Article:







*

A %d blogueros les gusta esto: