Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde salienta o aumento de concesión de licenzas urbanísticas, 752 no que vai de ano, “e o bo traballo que se está a facer para sacalas adiante coidando do noso patrimonio común”

noviembre 18, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, deu conta dos principais asuntos tratados na Xunta de goberno ordinaria celebrada esta mañá, e dos que destacou o aumento da concesión de licenzas urbanísticas da cidade, “e o bo traballo que está facendo desde a concellería de Rexeneración Urbana a área de Urbanismo para dar saída a esas solicitudes de licenza, que crecen pola actividade económica, sempre coidando da normativa urbanística e do noso patrimonio común”. A este respecto, remitiuse ao informe que a Concellería de Rexeneración Urbana traslada de forma quincenal á Xunta de goberno e que inclúe, para o período entre o 2 e 13 de novembro, un total de 152 expedientes, das que, 28 se corresponden con licenzas urbanísticas e 64, con comunicacións previas ao inicio de obras e 60 restantes son comunicacións previas ao inicio de actividades ou apertura de establecementos. “Unha vez máis demóstrase o bo ritmo que leva a concesión de licenzas”, indicou o alcalde, que aludiu aos datos deste 2017 co ano 2014 –o primeiro onde estivo vixente a Lei de Competencia a Emprendemento Empresarial e polo tanto, o primeiro no que se poden comparar os datos desde os mesmos parámetros–, e que indican que no que vai de ano, a falta de mes e medio para pechalo, tramitáronse 3.858destesexpedientes,con752licenzas,1.756comunicaciónspreviasaobrase 1.350 comunicacións previas a inicio de actividades, mentres que no 2014 completo foron 3.108, en concreto 562 licenzas, 1.574 comunicacións previas e 972 comunicacións ao inicio de actividade. “A min gústame sempre falar con datos, e se sumamos os nosos aos que publicou recentemente o Instituto Galego de Estatística, que referendan que a concesión de licenzas no Concello da Coruña subiu de forma espectacular entre 2015 e 2016, entón a boa progresión é algo dificilmente discutible”, observou. Nesta liña, Ferreiro referiuse á licenza trasladada á Xunta de goberno para a construción dun edificio nos números 29 a 31 do Campo da Leña, “o exemplo máis relevante no día de hoxe dese bo ritmo das licenzas, e un edificio –cuxa obra conta cun orzamento de 1,26 millóns de euros– que servirá, ademais, para mellorar a visión xeral da praza”.

Tamén, o primeiro edil remitiuse na súa comparecencia aos convenios con distintas entidades da cidade validados na sesión desta mañá, e que son “froito do acordo orzamentario acadado no seu día co PSOE, que entón permitiu destinar o diñeiro que aforrabamos en intereses da débeda a entidades sociais”. Son, entre outros, un convenio por importe de 124.871,94 euros coa Federación Unión de Comercios Coruñeses (a FUCC), “o que supón un esforzo bastante importante do Concello na promoción do comercio da nosa cidade”, unha achega de 80.000 euros para Amigos da Ópera para o desenvolvemento da Programación Lírica ou un convenio de 45.000 euros para a Asociación de Fútbol Aficionado, a maiores dos 200.000 que xa se asinaran no seu día, “o que creo que tamén supón un apoio moi relevante para o fútbol base”. A estes súmanse a subvención, por importe de 150.000 euros, á Fundación Emalcsa, “que está xestionando programas tan importantes como A Flote , que cobre necesidades urxentes e de vivenda a moitas persoas, ou os programas de Deporte Solidario e Inclusivo, e de Cultura Accesible e Inclusiva, onde se están conseguindo sacar adiante proxectos moi interesantes de cooperación entre as entidades deportivas e culturais, por un lado, e sociais, por outro”.

Preguntado polos medios, Ferreiro confirmou que tivo nas últimas horas “contactos” co grupo municipal socialista, “para ver se é posible darlle unha segunda oportunidade ao plan de investimentos proposto polo executivo local”. “A intención deste goberno é que o máximo posible dese diñeiro se poida poñer ao servizo das veciñas e os veciños da Coruña en obras, infraestruturas e melloras da súa vida, e iso é prioritario, de forma que intentaremos chegar ata onde se poida”, sinalou, recordando que os proxectos, que xa están preparados e listos para o inicio da licitación, “teñen que ter iniciada a contratación antes do 31 de decembro, polo que os prazos son curtos”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...