Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde salienta o investimento de 22 millóns que Emalcsa realizará nos próximos 2 anos “para mellorar a rede de subministro e almacenamento de auga en toda a área metropolitana”

diciembre 16, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, deu conta este venres dos acordos acadados este venres na Xunta de Goberno Local, así como do resultado do Consello de Administración de Emalcsa, entidade municipal da que é presidente. Así, nunha comparecencia ante os medios, o rexedor indicou que a Empresa Municipal de Augas da Coruña destinará nos próximos dous anos máis de 22 millóns de euros a mellorar a rede de subministro e almacenamento de auga na área metropolitana. “No vindeiro ano 2018 investirase 5,5 milóns dos orzamentos, e outros 5 millóns de remanentes de exercicios anteriores, en varios proxectos que se prolongarán, pola súa vez, durante varios anos”, indicou.

O primeiro edil coruñés adiantou que o Consello de Administración de Emalcsa aprobou esta mañá o seu orzamento para o vindeiro ano, que conta cunha previsión de ingresos de 25,1 millóns de euros, nos mesmos niveis que o pasado exercicio. “Un ano máis, a situación financeira está saneada. A empresa pública conta con débeda cero e mantén a súa actividade con recursos propios, reservando o suficiente para seguir a mellorar o servizo de primeira necesidade que lle presta á cidadanía, de xeito eficaz e a un custo razoable”, explicou, para indicar que os obxectivos da entidade son “ampliar a capacidade de subministro de auga, preparándose para futuras situacións de seca” e “seguir a mellorar a rede existente, para reducir a rotura e as persoas de auga, así como a automatización e instrumentos de control do sistema”.

Entre os principais investimentos previstos por Emalcsa para o vindeiro ano destaca a acometida do estudo técnico e proxecto para a construción dun novo depósito de auga en Oleiros, de 15.000 metros cúbicos, que ten como finalidade dar maior seguridade ao subministro da zona. Está previsto un investimento de 5 millóns de euros, a mesma cantidade que tamén se contempla para a finalización do depósito de cabeceira en Alvedro (Concello de Culleredo). Esta obra, xa iniciada este ano, consiste na construción dun depósito de auga potable de planta circular e 5.800 metros cúbicos de capacidade na cabeceira do sistema de abastecemento da Coruña e municipios limítrofes.

Ferreiro destacou tamén que entre as previsións de investimento figuran 8 millóns de euros para o inicio das obras de conexión entre a lagoa de Meirama e o encoro de Cecebre. “O vindeiro ano pecharase o proxecto técnico para a conexión entre estas dúas masas de auga, para duplicar a capacidade de almacenamento e garantir o subministro á comarca da Coruña durante os próximos 100 anos”. Por 2,5 millóns prevese, do mesmo xeito, a mellora da condución principal de abastecemento da cidade da Coruña, entre os depósito de Alvedro e Monte Mero, actuación incluída no Plan Director de Emalcsa e que garantirá o subministro até 2027. Trátase dun proxecto no que xa se foi avanzando nos últimos anos, con actuacións como a realizada na avenida da Vedra a finais de 2016. “Durante o ano que vén avanzarase en dúas fases, ambas no termo municipal de Culleredo: unha será na zona da Laboral e outra na zona das Brañas”, explicou o mandatario coruñés.

Do mesmo xeito tamén está previsto nos orzamentos de Emalcsa para o vindeiro ano un gasto de 600.000 euros para acometer un paso superior sobre a vía do ferrocarril co obxectivo de dar subministro ao Ofimático. O proxecto pasa por executar unha estrutura sobre a vía férrea que servirá para dar abeiro a tres tubaxes que servirán para unir a rede de auga de Matogrande coa do futuro Parque Ofimático. Por último, Ferreiro comentou que tamén se prevé a renovación da rede de distribución no termo municipal da Coruña, por un importe estimado de 800.000 euros (na actualidade, Emalcsa ten xa renovado o 85% da súa rede), así como unha partida de 900.000 euros para o mantemento e mellora da estación da Telva.

Carril Bici

Noutra orde de asuntos, e no que atinxe a proxectos e investimentos aprobados pola Xunta de Goberno Local, o alcalde salientou a adxudicación das obras de construcción do carril bici metropolitano, que unirán a avenida da Mariña coa Pasaxe. “Estamos moi satisfeitos xa que, se as obras seguen o ritmo previsto, o próximo ano, os e as veciñas que así o desexen poderán ir a calquera das praias da nosa área metropolitana usando a bicicleta”, indicou.

En concreto, os tramos de actuación irán da Avenida da Mariña á Delegación do Goberno (tramo de 800 metros de percorrido que pasará por Cantón Grande e Pequeno, Sánchez Bregua e o inicio de Linares Rivas); da Delegación do Goberno ao Parque de San Diego (1.525 metros de percorrido que discorrerían por Praza de Ourense, Linares Rivas, intersección con Ramón y Cajal e AC-12 até o inicio do Parque de San Diego); e Parque de San Diego a Ponte da Pasaxe (cun tramo de 3.000 metros de percorrido dende Oza, pasando pola AC-12, Xubias de Arriba e a AC-12 até a Pasaxe). O prezo de adxudicación do contrato supera os 900.000 euros.

Licenzas

Por outra banda, como é habitual, o concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda, Xiao Varela, trasladou á Xunta de Goberno Local o informe relativo ás licenzas e demais títulos habilitantes tramitados desde a súa área entre os días 28 de novembro e o 11 de decembro. Foron 26 licenzas urbanísticas, 51 comunicacións previas ao inicio de obras e 65 comunicacións previas ao inicio de actividades ou apertura de establecementos, un total de 142 expedientes, aos que se engaden os desestimentos, denegacións e autorización de proxectos en execución, o que suma 149 expedientes en total neste período.

Campamentos Municipais

A reunión do goberno municipal tamén deu luz verde á contratación do servizo de campamentos municipais para menores de idade comprendidas entre 4 e 16 anos durante o verán e o Nadal dos

anos 2018 e 2019, investimento impulsado pola Consellería de Xustiza Social e Coidados e que coidacunorzamentode360.000eurosanuais. Aofío,oalcalderecordouqueasfamiliasqueasí o desexen aínda están a tempo de participar na edición deste Nadal dos campamentos en centros cívicos, que terán lugar os días 22, 26, 27 e 29 de decembro, así como os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro. Un total de 392 menores solicitaron praza ata a data nos campamentos de Nadal nos centros cívicos, polo que aínda hai dispoñibles 73 vacantes. Tamén hai xa 210 menores que se inscribiron nos Campacoles, servizo de conciliación impulsado tamén pola área de Silvia Cameán para as etapas non lectivas.

Xestión Integral de Aves Urbanas

No ámbito do benestar animal, Ferreiro salientou a adxudicación do contrato do servizo integral de xestión de aves urbanas no termo municipal. Este contrato terá unha serie de novidades con respecto a etapas anteriores. “En principio, a orientación cara ao sacrificio cero, sendo o destino final das aves que por algunha circunstancia sexan capturadas, o seu transporte e a solta no medio natural”, comentou o primeiro edil, que destacou que entre as novidades deste contrato tamén destaca o estabelecemento dun pioneiro plan de atención en 24 horas. “Con este novo contrato, A Coruña contará cun servizo de atención puntual e urxente para a retirada de aves atrapadas ou feridas, a petición da Policía Local, as 24 horas do día, os 365 días no ano, sendo o prazo máximo de resposta de menos dun día”, dixo. Do mesmo xeito, a veciñanza poderá solicitar tamén, se fose necesario, unha visita a domicilio, a través do teléfono municipal 010, sendo o tempo máximo de resposta neste caso de tres días. A empresa adxucataria tamén se comprometeu á realización de campañas de sensibilización sobre a problemáticas das aves urbanas, así como a realizar un anelamento científico das mesmas para o seguimento de todas as pombas e gaivotas que, despois de ser tido capturadas na cidade, volven a ser liberadas no medio natural. O contrato establece un servizo por catro anos, con prezo de 163.000 euros por tempada.

Programa de Atención de Baixa Esixencia

Por último, e entre os asuntos máis relevantes aprobados pola Xunta de goberno local, o alcalde destacou a adxudicación do procedemento aberto para a contratación do servizo de desenvolvemento do programa municipal de atención de baixa esixencia para persoas sen teito. Por un prezo cercano aos 225.000 euros, a adxudicataria terá que prestar os servizos de información e orientación tanto no centro Abeiro como na súa contorna, así como actuacións de promoción e inserción laboral e acompañamento, ou os servizos de ocio, café, consigna, estancia, limpeza a lavandeiría.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...