Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde salienta o papel do Concello, “que ofrece solucións aos graves problemas de encaixe entre os proxectos da Xunta e ADIF para a Intermodal”

Junio 13, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, destacou este luns o papel que está a desenvolver o Concello para promover o avance do proxecto da Intermodal que, segundo indicou, “adoece dun problema grave de encaixe, entre o proxecto básico da estación de buses, da Xunta, e do proxecto de Adif para a estación de ferrocarril”. Así se recolle, segundo indicou, nos informes de Adif, remitidos ao Goberno local a semana pasada, “que demostran que o Concello está propoñendo solucións”. “O que fixemos foi ofrecer solucións para que ambos proxectos tivesen encaixe”, subliñou o primeiro edil a preguntas dos medios, e sinalou que este proceso “podería ter ido máis rápido se antes de marzo se tivese compartido a información co Concello, tal e como pedín na reunión co presidente da Xunta”, a principios de febreiro. “Se naquel momento, ou antes, cando se lanzou a licitación, se tivese compartido información entre as tres administracións, seguramente as cousas estarían máis avanzadas. Pero a Xunta decidiu non facelo ata metade de marzo; a partir de aí, puxémonos a ver como encaixar os dous proxectos”, manifestou.

Nesa liña, e de cara á reunión prevista para esta semana coa conselleira de Infraestruturas, o rexedor recalcou o “máximo interese do Goberno local por que o proxecto siga avanzando, que se cumpran os prazos e poidamos traballar dilixentemente e con cooperación entre administracións, tal e como foi desde o primeiro momento o noso criterio”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...