Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde saúda que “a Xunta empece a asumir os consensos que o Concello está a construír arredor do futuro do borde litoral da cidade”

septiembre 13, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acolleu con satisfacción este martes, en declaracións a Onda Cero, as últimas manifestacións públicas da Consellería do Mar da Xunta de Galicia con respecto á súa disposición a participar no ente consorcial proposto polo Concello para deseñar os usos e xestión pública dos terreos do bordo litoral da cidade que vaian sendo desafectados. “É unha boa nova que o goberno autonómico empece a asumir os consensos que estamos a construír arredor desta cuestión da franxa atlántica”, comentou. “Celebro que digan que están dispostos a apostar pola Coruña e convidarémolos á mesa en canto o outro actor imprescindible, Puertos del Estado, e, por extensión, a Autoridade Portuaria, digan que tamén se suman”, explicou. “Por suposto que quedan moitas cousas por definir, como, por exemplo, o peso que terá cada administración implicada neste ente e cales serán as integrantes. Nós temos unha proposta que trasladaremos primeiro á Puertos del Estado, ente dependente de Fomento, con quen estamos en contacto para poder fixar definitivamenteunhacitacoseupresidente,JoséLlorca”,indicou.

O primeiro edil manifestou que “hai dous anos, cando comezamos a falar da necesidade de garantir os usos e a xestión pública do bordo litoral estabamos bastante sós, non obstante, hoxe en día, este é o sentir común da cidade, como puidemos comprobar en base á mobilización social xurdida”. Ferreiro manifestou, unha vez máis, o compromiso do Concello co aproveitamento do Porto Exterior de Punta Langosteira, pero aclarou que “o que non se pode consentir é que este sexa financiado a custa de terreos que historicamente pertencen á cidadanía”. “Alédanos moito que a pasada semana o Parlamento de Galicia amosase unanimidade neste tema por medio dunha PNL presentada polo deputado Antón Sánchez, de En Marea. Nesa proposición non de lei o propio grupo popular falaba da necesidade de aplicar quitas á débeda que supón Langosteira para a Autoridade Portuaria, e se aludía á necesidade de buscar un novo modelo de financiamento público para unha infraestrutura que é pública”, comentou o mandatario local, que recordou que “ante todo, para que o Porto Exterior sexa sostible, é necesario dotalo da necesaria conexión por ferrocarril”.

Santa Icía

Por outro lado, Ferreiro tamén se congratulou da moción aprobada este luns polo Pleno municipal por unha ampla maioría que solicita a paralización do proxecto dunha planta de tratamento de residuos en Santa Icía, Arteixo. A iniciativa foi presentada de forma conxunta polo grupo de Goberno, o PSOE e o BNG, e contou coa abstención dos e das concelleiras do PP. “Creo que o posicionamento é unánime. O PP non votou a favor, pero creo que a súa postura tampouco é moi favorable á planta. É necesario discutir asuntos coma este cando é o momento, non dentro de dez anos, cando a planta xa estea en funcionamento”, destacou, á vez que manifestou a importancia “de tranquilizar á veciñanza da zona”. “O que estamos a poñer de manifesto é que existe un proxecto que non aporta toda a documentación necesaria e que, ademais, está nunha localización que tampouco parece axeitada, nin sequera dende o punto de vista da lexislación autonómica de instalacións industriais”, explicou.

En relación ao posicionamento do Concello de Arteixo e, en concreto, do alcalde Carlos Calvelo, Ferreiro insistiu en que “non ten moito sentido levar esta discusión a outros planos”. “Neste tema, dá igual quen estea na Xunta, na Consellería ou no Concello. O que creo que ninguén quere é que ao carón de barrios especialmente poboados e de gran valor natural, como Novo Mesoiro e Feáns, respectivamente, se poña unha planta deste tipo. Aquí o que estamos a falar é se este emprazamento é correcto ou non, e cremos que non o é”, matizou.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...