Home » coruna » Currently Reading:

O alcalde solicita unha xuntanza urxente co conselleiro de Sanidade para que defina a súa postura sobre a localización dun novo centro de saúde en Santa Lucía

noviembre 28, 2017 coruna No Comments

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, remitiu este luns unha carta ao conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Almuiña, na que lle solicita unha xuntanza de carácter urxente para intentar que a Xunta implante un novo centro de saúde no edificio contiguo ao mercado de Santa Lucía, que será reformado e rehabilitado polo Concello dentro dun proxecto no que a administración local ten previsto investir máis de 4 millóns de euros. O alcalde tamén remitiu o anteproxecto de reforma do citado espazo.

O Concello da Coruña ten un anteproxecto para a renovación e modernización do mercado de Santa Lucía que contempla a posibilidade de que o equipamento conte, ademais, cun centro de saúde ubicado no edificio contiguo. Non obstante, debe ser a propia Xunta de Galicia, por ter as competencias sobre o Sergas, a que decida se quere implantar o equipamento neste espazo, tal e como demanda a veciñanza. Ferreiro salientou, de novo, a necesidade de que o goberno autonómico “dea unha resposta canto antes”. “O planteamento que facemos é viable tecnicamente, e permite desenvolver usos diferenciados e contiguos aos do mercado. Por iso, necesitamos que a Xunta se decida”, comentou o primeiro edil.

“A renovación do mercado só depende de nós, o centro de saúde non. Para que o barrio teña un centro de saúde é necesario que a Xunta de Galicia, que non inclúe ningunha partida ao respecto nos seus orzamentos de 2018, dea un paso adiante e rectifique. O Concello da Coruña ten un anteproxecto preparado que non pode esperar máis. Temos que pasar á seguinte fase de tramitación con urxencia, para que a reforma do mercado non se atrase máis. Por iso, tal e como fixemos de forma pública o venres, hoxe volvemos, de forma oficial, a solicitar á Consellería de Sanidade unha resposta no prazo dun mes”, apuntou, á vez que recordou que “se a Xunta decide privar ao barrio dun equipamento sanitario tan demandando, o Concello asumirá a responsabilidade de darlle unha alternativa á veciñanza e dotar a ese espazo doutros servizos necesarios e demandados pola cidadanía”.

Por outro lado, o mandatario local recordou tamén que xa no mes de agosto do pasado ano, o concello coruñés ofreceu á Xunta de Galicia outra ubicación municipal alternativa para o centro de saúde, neste caso no Paseo das Pontes.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...