Home » coruna » Currently Reading:

O Aquarium acolle a mostra ‘Mar de Plástico’, “para sensibilizar á veciñanza sobre o problema ambiental e socioeconómico que supón o lixo no ecosistema mariño”

diciembre 24, 2017 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurou no Aquarium Finisterrae a exposición Mar de Plástico, un traballo producido pola Asociación Mar de Fábula e o Colectivo Retoque Retro, e que ten como obxectivo “concienciar á cidadanía sobre o gran problema ecolóxico, ambiental e socioeconómico que supón o lixo de plástico para o ecosistema mariño, e contribuír así á redución deste tipo de contaminación”. A mostra, que se poderá visitar até o vindeiro 3 de marzo, inclúese no Programa Obxectivo 14 do Aquarium Finisterrae, que engloba as exposicións, actividades e talleres do museo destinadas a contribuír a cumprir os obxectivos da Axenda 2030 da ONU relacionados coa conservación do océano.

Mar de Plástico contén 85 obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas, coñecidas como crebas. “Esta mostra é exemplo do empeño do goberno local por que os nosos Museos Científicos sexan espazos de reflexión e de didáctica, que se enchan de actividades e poñan en valor as actuacións que parte da propia cidadanía”, dixo José Manuel Sande, que estivo acompañado na inauguración, que se engloba dentro das actividades de Cultura de Barrio, pola concelleira de Medio Ambiente, María García. A responsable municipal destacou que a asociación sen ánimo de lucro Mar de Fábula órganiza actividades de limpeza de praias e sensibilización sobre os problema ecolóxico que supón o lixo mariño, “o que comparte a liña de concienciación que está a desenvolver a Concellería de Medio Ambiente a través da campaña Móllate !, na que participan centos de estudantes dos centros escolares coruñeses”. As e os membros desta entidade promoverán, entre os meses de xaneiro e xuño, diferentes actividadesvencelladas á exposición, como catro obradoiros experimentais e dúas conferencias.

O concelleiro de Culturas salientou tamén que a mostra poderá visitarse na nova sala do Aquarium, José Cornide, “de forma que é, do mesmo xeito, unha sorte de homenaxe ao xeógrafo e naturalista coruñés”. Para máis información sobre esta exposición e outras actividades que se celebran nos Museos Científicos Coruñeses, pódese visitar o web www.mc2coruna.org/gl

Comment on this Article:







*