Home » coruna » Currently Reading:

O Bloque reclámalle á Marea Atlántica que se faga cargo da asunción de responsabilidades, da ética e da radicalidade democrática que tanto propugnou

septiembre 14, 2018 coruna No Comments

Diante da petición de responsabilidades pola resolución do Consello Consultivo que declara a nulidade da compra de dous pisos no concurso para a adquisición de inmobles para o aluguer social, o Grupo Municipal do BNG sinala que a Marea Atlántica ten que ser coherente e facerse cargo de que foron eles mesmos quen durante a campaña das Municipais de 2015 quixeron poñer o listón da ética e da estética ben alto e falaron de radicalidade democrática, dación de contas, de asunción de responsabilidades e de ética.

O Bloque lembra que durante o proceso do concurso para a adquisición de inmobles para o aluguer social,o Concello aplicou de xeito laxo as bases e vulnerou a libre concorrencia ao mercar dúas vivendas que incumprían a normativa, deseñada pola propia Administración local: así o sinala o Consello Consultivo.

Para as nacionalistas, é moi grave que quen aprobou a adquisición e mais autorizou os actos de compravenda, o Sr. Lema, afirmase que era mentira que se vulnerase a libre concorrencia e que quen tiña que asinar a resolución da compra de vivendas e o responsábel de impulsar esta política chave para o Goberno da Marea Atlántica, o Sr. Varela, unicamente sinalase fallos humanos.

“En coherencia con isto, nós entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas para aluguer social no que non interveu ela soa: quen asina a resolución da compra é o Sr. Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e quen aproba a adquisición e autoriza os actos de compravenda, que o Consultivo declara nulo, é o Sr. Lema”, sinala a voceira nacionalista Avia Veira.

Comment on this Article: