Home » coruna » Currently Reading:

O BNG traslada ao próximo Pleno unha iniciativa na que se interesa polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música

noviembre 8, 2018 coruna No Comments

O BNG vén de presentar unha iniciativa na que se interesa polo deterioro do edificio da Escola Municipal de Música, xa que logo, nos últimos días se ten constatado a aparición de pingueiras nos andares interiores da instalación.

Deste xeito, e a través das denuncias formuladas por persoas usuarias da escola municipal, que achegaron á formación nacionalista fotos do interior do edificio, e onde se pode observar este deterioro provocado polas chuvias dos últimos días, o Grupo Municipal do Bloque xa avanza que solicitará a inclusión de investimentos nos orzamentos municipais de 2019 para a reforma e modernización das instalacións, que de non se incluíren, serán propostas en forma de emendas ao proxecto.

Asemade, o BNG, demanda ao Executivo local a tomar cantas medidas sexan necesarias para paliar a situación actual que está a afectar ao normal desenvolvemento da actividade do centro, polo que insta na súa iniciativa a unha actuación de urxencia.

Tendo en conta de que se achega o inverno e, por conseguinte, a época de chuvias, demandamos actuacións inmediatas, alén da colocación dun cubo para as pingueiras, xa que a situación é insostíbel, tanto para as persoas traballadoras da instalación como para as persoas usuarias e alumnado da Escola”, denuncia a portavoz nacionalista Avia Veira.

Comment on this Article: