Home » Exposición » Currently Reading:

O centro Ágora acolle desde hoxe a exposición de fotografía colectiva ‘Un migrante na rúa’

noviembre 27, 2017 Exposición No Comments

O centro Ágora acollerá desde hoxe a mostra itinerante de fotografía colectiva Un migrante na rúa , unha proposta que se define como “unha homenaxe á interculturalidade, á pluralidade e á diversidade”. O traballo, promovido pola entidade Square e o colectivo Migrantes, axunta o traballo de 25 artistas que, a través das súas imaxes, queren concienciar sobre a realidade da migración como fenómeno mundial “presente en todas as épocas da historia e en todas partes do noso planeta. Así, nesta exposición mostraranse 25 pezas de Alicia Martínez Núñez, Andrés Fernández, Antía García Sendono, Begoña Bah, Belén Canosa, Carlos Durán López, César Charlón, Chico Mirás, Elena Pérez-Ardá López, Gimena Berenguer, Irene López, José Alberto Pedrido, José Padrín, Kike G. Pérez, Lestonnac Ibáñez Vilas, Moncho Fuentes, Paco Gallego, Pepe Ventureira Maceiras, Santiago Ramas, Santiago Rodríguez, Uxía Saborido, Xabier Martínez, Xoana Grela, Xosé Luís Alonso e Yanina Tuirán. Cada fotografía está apadriñada por algunha entidade local do tecido social, cultural ou empresarial da Coruña.

A inauguración, na que estará presente a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, estará acompañada do espectáculo poético musical Rosalía e a diáspora, no que participará a Agrupación Musical Albéniz e a xornalista Lidia Bao. A exposición, que se poderá visitar de luns a venres entre as 08.00 e as 21.00 horas, e os sábados de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, estará aberta ao público até o 27 de decembro deste ano.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...