Home » coruna » Currently Reading:

O centro cívico de Eirís acolle este sábado, 2 de decembro, un encontro ‘Dillo ti’ do alcalde e o resto do goberno municipal coa veciñanza

diciembre 1, 2017 coruna No Comments

O vindeiro sábado, 2 de decembro, regresa a serie de xuntanzas abertas entre o goberno municipal e a veciñanza. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, así como o resto de concelleiras e concelleiros do executivo local asistirá, a un novo encontro Dillo ti, a canle de participación cidadá posta en marcha o pasado ano polo Concello co obxectivo de xerar un espazo de encontro que facilite que a cidadanía traslade, de xeito directo e sen intermediación, as súas demandas e vontades ao Goberno municipal. A cita, que se celebra habitualmentedexeitomensual,tenlugarencadaocasiónnunbarriodistintodacidade.

Así, tras visitar Os Castros, Palavea, Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, Novo Mesoiro, Monelos, Cidade Vella, Os Rosales, O Castrillón, Sagrada Familia, Peixería, A Silva, Feáns, Adormideras e Labañou, o programa municipal achegarase este sábado ao barrio de Eirís. Como vén sendo habitual, o encontro contará cun servizo de tradución á linguaxe de signos, así como un espazo de conciliación con obradoiros infantís, que permitirá ás persoas con nenas ou nenos ao cargo asistir á cita, e que tamén está aberto á veciñanza en xeral. Deste xeito, todas e todos os menores da cidade que teñan interese en asistir a este taller, poderán facelo ata completar o número de prazas dispoñibles. Para participar neste espazo non será necesario inscribirse, senón unicamente acudir ao equipamento municipal de Eirís no horario de celebración do Dillo ti –de 12.00 a 13.30 horas–.

Toda a información sobre esta serie de xuntanzas posta en marcha polo executivo local está dispoñible na páxina web municipal www.coruna.gal/conversascoalcalde

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...