Home » coruna » Currently Reading:

O ciclo ‘Noso barrio conta’ ofrece esta fin de semana obradoiros de reciclaxe creativa e visitas guiadas ao ‘Greencampus de Oza’

noviembre 23, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Medio Ambiente lembra que esta fin de semana celebraranse dúas novas actividades do ciclo ambiental Noso barrio conta, impulsado pola Asociación Veciñal de Oza-Gaiteira-Os Castros. A proposta, que conta co apoio do Concello da Coruña a través da convocatoria de axudas Cultura Ambiental, ofreceu ao longo de todo o mes de novembro numerosas actividades de balde de sensibilización e concienciación abertas á cidadanía, co obxectivo de achegar á veciñanza experiencias na xestión de residuos, reciclaxe así comoouconstruciónecolóxica.

Esta fin de semana pecharase o ciclo cunha visita guiada ao Greencampus de Oza, na que se realizará un obradoiro de compostaxe, e que terá lugar na tarde do venres 24, desde as 16.30 horas. O punto de encontro para asistir á actividade será o Centro Cívico de San Diego. Ao día seguinte, o sábado 25, Noso barrio conta programará os obradoiros de reciclaxe creativa e participativa Economía circular: do residuo ao recurso . Estes talleres, que inclúen debates abertos nos que colaboran a asociación UDC Big Bang de divulgación de Ciencia, celebraranse no centro cívico de San Diego, en horario de 11.00 a 13.00 horas, e de 17.00 a 19.00 horas.

Todas as actividades do ciclo son gratuítas, pero é necesario realizar a inscrición previa, que se pode facer a través do correo electrónico redeozamedioambiente@gmail.com

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...