Home » coruna » Currently Reading:

O CMIX pon a disposición da mocidade o servizo de Viaxeteca, que ofrece material para facilitar a planificación de viaxes

junio 13, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), pon a disposición da mocidade a Viaxeteca, un servizo de préstamo de guías de viaxe, mapas e planos, itinerarios, transportes, aloxamentos, turismo activo, campamentos, campos de traballo, cursos de idiomas, material documental e bibliográfico que se ofrece á mocidade no CMIX para facilitar a planificación e organización das súas viaxes. Trátase dun dos servizos que se inscriben dentro do programa ‘Móvete 2017’, que inclúe as iniciativas da área municipal de mocidade arredor da temática de viaxes e vinculada ao CMIX. Neste espazo pódese ademais tramitar todos os carnés específicos para a mocidade, como son Xove euro<30, Alberguista, Internacional de Estudante e Xove internacional.

Ademais, tal e como informan desde a concellería, ao longo do verán 2017 irán desenvolvéndose unha serie de iniciativas tales como o sorteo de dous billetes de Interrail –a través da colaboración de Renfe Viajeros–, dous talleres gratuítos de fotografía aplicada ás viaxes e un Encontro Viaxeiro, o 13 de xullo no Fórum Metropolitano. Esta xuntanza terá como convidado Luis Gago, viaxeiro que percorreu o mundo en ano e medio e que proporá un encontro artellado arredor da temática da gran viaxe feita con recursos económico limitados.

Nese mesmo mes convocarase a XIV edición do concurso ‘Viaxarte’ de fotografía de viaxes, cuxo prazo para a admisión de fotografías abre o vindeiro 3 de xullo e se manterá ata o 4 de setembro. Poderán participar mozos e mozas de entre 15 e 30 anos con fotografías relacionadas co tema viaxeiro, e poderán gañar unha viaxe a unha capital europea. Todas as fotografías presentadas a concurso formarán parte da exposición que se realizará en outubro na Plataforma14 do Fórum Metropolitano, e cunha selección destas editarase un catálogo fotográfico.

Para máis información, pode acudirse ao Centro Municipal de Información Xuvenil, no edificio Fórum Metropolitano (Río Monelos, 1; teléfono 981 184 294), en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas e sábados de 11.00 a 14.00 horas, o consultarse a través do correo cmix@coruna.es e na páxina web do CMIX, www.coruna.gal/cmix .

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...