Home » coruna » Currently Reading:

O Co-Lab presenta este domingo ‘Oasis Monte Alto’, un proxecto “para revitalizar o barrio a través de iniciativas colaborativas que melloren a contorna”

octubre 28, 2017 coruna No Comments

A Concellería de Participación e Innovación Democrática, no marco do Laboratorio Cidadán da Coruña, o Co-Lab, presentará esta fin de semana a proposta Oasis Monte Alto , un dos proxectos de innovación social que desenvolverá este ano e que ten como obxectivo, segundo sinala a concelleira Claudia Delso, “mellorar a contorna e as relacións do barrio a través dos propios talentos e recursos locais”. “ Oasis Monte Alto emprega no seu proxecto o Xogo Oasis, unha ferramenta de mobilización comunitaria creada polo Instituto Elos en Brasil e implementada centos de veces en máis de 30 países por todo o mundo, pola cal un grupo de 20 persoas xogadoras farán de nexo entre o proceso participativo e o resto do barrio que permitirá mobilizarán a comunidade para recoñecer o potencial que existe no barrio, e así, xuntos e xuntas soñar, deseñar e poñer en marcha iniciativas colaborativas que revitalicen a zona”, explica a edil.

Coa finalidade de dar a coñecer entre a veciñanza esta proposta, o Co-Lab organiza este domingo 29, ás 11.00 horas, unha sesión de presentación no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX), que se atopa na rúa do Matadoiro, 68. O acto, que contará con habitantes do barrio, comerciantes, colectivos sociais, líderes de opinión, artistas, estudantes está aberto á veciñanza. “O obxectivo deste encontro é que persoas de calquera idade e orixe se acheguen a coñecer o proxecto e comprendan mellor en que consiste e como se pode participar nel”, incide a concelleira. “A presentación, ao igual que o resto de encontros Xogo Oasis , quere celebrar o barrio e as súas xentes, polo que desexamos que as e os asistentes que acudan veñan con gañas de conversar e coñecer a novas persoas”, engade a responsable municipal.

Durante dúas fins de semana do mes de novembro, do 10 ao 12, e do 24 ao 26, o equipo promotor de Oasis Monte Alto convidará á veciñanza do barrio a “identificar e construír un soño común”. Os eventos serán espazos abertos para persoas de todas as idades e orixes, “onde se compartirá e construirá comunidade”. O domingo 12 de novembro celebrarase o Encontro de soños e talentos de Monte Alto , e na fin de semana do sábado 25 e domingo 26 de novembro, levarase a cabo “unha acción barrial transformadora”, deseñada de xeito colaborativo entre as persoas participantes no Xogo Oasis.

Para máis información sobre este proxecto de innovación social ou o Laboratorio Cidadán da Coruña, pódese visitar a páxina web municipal c olab.coruna.gal

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...