Home » coruna » Currently Reading:

O concelleiro de Culturas salienta que os cambios previstos na ordenanza que rexe os espazos xestionados polo IMCE “servirán para axilizar e facilitar a súa cesión e permitirán novas actividades socioculturais”

enero 5, 2018 coruna No Comments

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou este xoves as novidades que se inclúen na proposta para a modificación da ordenanza que regula o prezo público polo uso de instalacións municipais xestionadas polo IMCE, validada no último Consello Reitor deste órgano municipal, e que afectan a espazos como son o Fórum Metropolitano, o Ágora, o Coliseum e o teatro Rosalía de Castro. Os cambios, que deberán ser trasladados ao Pleno unha vez veñen de recibir o visto bo órgano reitor do IMCE, suporán, segundo destaca, “unha simplificación e axilización do sistema de cesión dos recintos, e polo tanto farán máis sinxelo o acceso das entidades que organizan actividades, especialmente aquelas de tipo cultural ou benéfico con carácter gratuíto”.

En concreto, a proposta de modificación da ordenanza 44 introduce a posibilidade de cesión dos espazos –redución da tarifa de ata o 100%– “cando, en atención do carácter artístico, social, cultural, benéfico ou formativo dos actos, se estime procedente fomentar a súa realización”, en especial aqueles de balde, ou ben propostas de carácter benéfico, se ben se abre tamén a posibilidade de conceder a cesión en actos ou actividades cuxos gastos necesarios do seu desenvolvemento faga imposible realizalo sen establecer un prezo de entrada.

Do mesmo xeito, o responsable municipal de Culturas salienta que os cambios previstos na norma municipal que regula o prezo público pola prestación de servizos e utilización destes recintos para este ano “abren as portas á celebración de actividades de interese sociocultural, como son as residencias artísticas”. A este respecto, sinala que o IMCE acaba de asumir as bolsas e axudas á excelencia artística, enmarcadas nunha liña de concorrencia competitiva, que inclúe outras convocatorias como Cultura de Barrio , Facemos Comunidade, ou os Plans de Apoio a Entidades de Arraigo ou a Axentes Culturais e de Proximidade, “programas que non existían ata a chegada deste goberno, e que se puxeron en marcha para impulsar procesos xustos, igualitarios e equilibrados para todas as entidades locais, e tamén para favorecer a interlocución coas mesmas e descentralizar a oferta cultural”.

Na mesma liña, a proposta para a ordenanza contempla a opción de que as actividades de entidades dependentes do Concello poidan asimilarse ás municipais, e, como ocorre con estas, quedar exentas de pago pola utilización das instalacións, “afondando na idea dunha administración única”, observa o edil, que pon de relevo que estas medidas que se plantean para o IMCE redundan na idea de “ir convertendo este órgano nun instrumento referencial para a promoción cultural, máis alá da súa función tradicional, centrada na programación e na exhibición”.

Comment on this Article:







*

ENCUESTA SEMANAL

¿Te gusta la nueva web?

Cargando ... Cargando ...